Sanidade simplifica o acceso aos centros de saude

A Consellería de Sanidade está a potenciar o contacto directo cos centros de saúde como porta de entrada ao sistema e a centralizar, os diversos teléfonos actuais, nun número único para toda a Comunidade, se así o desexan. Entre as novidades desta iniciativa, destaca que poden utilizar de xeito prioritario ben a solicitude de cita no mostrador de admisión do seu centro de saúde, ou facelo no número de teléfono do seu propio centro, que figura impreso na súa tarxeta sanitaria.

A implantación deste servizo está a supoñer unha optimización dos recursos dispoñibles e supón un aforro para os usuarios que opten pola cita telefónica, aliviando a presión asistencial ao tempo que facilita o acceso dos usuarios ao sistema sanitario evitándolles desprazamentos innecesarios. Ademais, ao potenciar o teléfono dos centros de saúde refórzanse as relacións humanas entre estes e os cidadáns e ofrécese unha opción máis barata aos pacientes, ao ser o teléfono dos centros unha chamada local.

Doutra banda, o teléfono «Saúde en Liña» 902 077 33 deixa de ser obrigatorio para a petición de cita e os usuarios poderán decidir libremente se desexan chamar ao número do seu centro de saúde ou se prefiren contactar con este teléfono, xa en vigor desde fai anos. Desta maneira a Consellería de Sanidade continúa a traballar para mellorar a accesibilidade ao sistema e a equidade en todo o territorio e para todos os galegos e galegas.

A implantación deste servizo suporá así unha optimización dos recursos dispoñibles, aliviando a presión asistencial ao tempo que facilita o acceso dos usuarios ao sistema sanitario evitándolles desprazamentos innecesarios e facilantandolle o contacto co sistema sanitario fora do horario de actividade do seu centro de saúde, é dicir, que pode solicitar una cita as 24 horas do día os 7 días da semana.

Simplificación do procedemento

O teléfono é a principal porta de acceso ao sistema sanitario: cada ano, aproximadamente 13 millóns de usuarios –con doce millóns de citas e un millón de consultas telefónicas e urxencias atendidas- entran en contacto cos recursos asistenciais públicos a través deste medio. Ademais, este novo sistema eficiente de cita telefónica permite un aforro de máis de 2 millóns de euros para os galegos, respecto a opción multi-número que funcionaba ata o de agora dependendo da área sanitaria á que pertencese o usuario.

A Estratexia Sergas 2014 recolle entre os seus obxectivos a unificación do acceso telefónico, potenciando o centro de saúde como entrada ao sistema, presencial ou chamando ao teléfono do centro, e conservando un teléfono único para toda a atención sanitaria -incluída a consulta sanitaria telefónica- para toda a Comunidade; a ampliación do servizo de cita de Atención Primaria a toda a poboación de Galicia; a mellora da eficiencia mediante sistemas que permitan automatizar os procesos de menor valor engadido sen prexudicar a calidade; aproveitará os recursos dispoñibles; e deixa aberta a posibilidade de poder xestionar no futuro novos servizos a través deste teléfono.

Para isto, a Xunta está a apostar por unha estrutura que permita aproveitar as vantaxes das novas tecnoloxías, incorporando un sistema de recoñecemento automático de voz (IVR) que xa está en funcionamento en toda a provincia da Coruña e que proximamente se estenderá ao resto de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar