Predición meteorolóxica

Xoves, 1 de decembro

Estado do Ceo

Ceos anubrándose progresivamente, con precipitacións que se estenderán de oeste a leste ao longo da tarde e poderían acadar intensidade localmente forte no norte das provincias da Coruña e Lugo, caendo en forma de neve nas montañas de Lugo e Ourense a partir da noite.

Temperatura

Temperaturas mínimas sen cambios ou en ascenso, principalmente nas provincias atlánticas; máximas sen cambios ou en lixeiro descenso.

Vento

Ventos do sur e suroeste moderados a fortes durante o día, con intervalos moi fortes en zonas costeiras e elevadas, rolando a oeste cara a noite.

Comentario

Na xornada do xoves Galicia verase afectada por unha fronte fría activa que nos traerá un aumento progresivo da nebulosidade e chuvias que se trasladarán de oeste a leste a medida que avance a tarde, podendo acadar intensidade localmente forte no norte das provincias da Coruña e Lugo. As temperaturas mínimas manteranse sen cambios ou ascenderán lixeiramente, principalmente nas provincias atlánticas, mentres que as máximas descenderán de xeito lixeiro en xeral. Os ventos soprarán do sur e suroeste moderados a fortes durante o día, con intervalos moi fortes en zonas costeiras e elevadas, rolando a oeste cara a noite.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar