Localizados tres pecios na ría de Ribadeo

Ánfora medieval

Durante a campaña de propección arqueolóxica recentemente rematada descubríronse tres pecios na ría de Ribadeo, entre os que destacan un vapor de palas de finais do século XIX.

 Os traballos foron levados a cabo por un equipo composto por cinco persoas entre arqueólogos, mergulladores profesionais, restauradores e enxeñeiros que contan cunha importante bagaxe de experiencia en proxectos de arqueoloxía terrestre e subacuática. A execución do traballo de campo foi de 4 xornadas de prospección xeofísica que supuxeron a prospección efectiva de 600 hectáreas de superficie, e 10 xornadas de prospección de mergulladores.
Pistola de arzón do século XXVII

Ánfora do século XVI

Durante os traballos exploráronse os fondos da praia de Covas a través da prospección visual dos pecios de Santa María Magdalena e do que podería ser o bergantín Palomo. Os traballos confirmaron o espolio do navío da Magdalena e o soterramento dos restos do mesmo por efecto do réxime de mareas. Nembargante, foron localizadas armas e algúns restos cerámicos que poderían corresponder ao pecio.

A fragata Santa María Magdalena e o bergantín da armada Palomo formaban parte dunha flotilla de buques hispano-británica que durante a Guerra de Independencia e con tropas españolas embarcadas pretendía, saíndo de Ferrol, liberar Santoña das forzas napoleónicas. O día 2 de novembro de 1810 a «Expedición cántabra» , que era como se coñecía esta operación militar,  encontrouse na súa viaxe de regreso cun forte temporal do Noroeste que arrastrou a estes dous buques contra a costa mandándoos a pique, xunto a 550 mariñeiros, oficiais e as tropas, converténdoa na maior catástrofe náutica destas costas.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar