Aberta a variante Cee-Sardiñeiro da autovía da Costa da Morte

A entrada en servizo da variante Cee-Sardiñeiro da Autovía da Costa da Morte convértese nun elemento de artellamento de comunicación nesa área de Galicia, descompensada con respecto ó promedio da Comunidad. O presidente Feijóo dixo no acto que «e imprescindible garantir a sua comunicación completa co resto de Galicia para que a Costa da Morte poida aavanzar ao unísono e aportar o seu potencial económico, pesqueiro e turístico».

 

 Feijóo lembrou que, desde o principio desta lexislatura, o Goberno galego puxo a súa vontade e os recursos a disposición da Autovía Carballo-Berdoias, “o maior treito –salientou- construído nunca dunha soa vez en Galicia porque as necesidades da Costa da Morte non se poden fraccionar despois de tanto tempo agardando”.

 Segundo afirmou o responsable autonómico, a autovía xa se está construíndo “a pleno rendemento”, co movemento de máis de 1 millón de metros cúbicos de terra, para que os seus 42 quilómetros de percorrido sexan unha realidade en 2013, “tal e como comprometemos e tal e como quero volver a facelo, hoxe”. “A Costa da Morte necesita, e merece, unha autovía que conecte aos veciños coa área metropolitana da Coruña en 20 minutos menos de tempo que ata agora; e, dende alí, coa rede de autovías e autoestradas que enlazan Galicia co resto de España e de Europa”.

 No tocante á variante Cee-Sardiñeiro, Feijóo salientou que, cun investimento que supera os 20 millóns de euros, ponse en servizo preto de 5 quilómetros de vías de altas prestacións que suporán que os 5.000 vehículos que ata o de agora cruzaban a diario Cee e Corcubión, nun cuarto de hora, teñen un traxecto alternativo que libera de tráficos excesivos a esas localidades e ofrece aos condutores a metade de quilómetros e a posibilidade de percorrelos en cinco veces menos de tempo, “é dicir, pasar de 15 minutos a 3 minutos”, asegurou.

 “Esta obra supón, en definitiva, que os veciños desta Fisterra están cada vez máis preto do resto do mundo, un obxectivo que será completo cando entre en servizo a futura Autovía de Carballo-Berdoias”, concluíu.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar