O Bloque defende que os proetarras Amainur teñan grupo parlamentario propio

  O BNG é partidario, xunto a outras forzas políticas de esquerda e da dereita nacionalista,  que os deputados proetarras de Amaiur poidan contar con grupo parlamentario propio pese a non ter os escanos suficientes. Nun sondeo xornalístico, o Bloque, xunto a Esquerda Unida, PNV, Esquerra Republicana e Coalición Canaria recoñece que «non cumplen estrictamente os requisitos que establece o Regulamento» pero piden que se permita esa posibilidade ós deputados vascos´, amparandose en extender o pedimento para UPyD, a Unión Progreso e Democracia de Rosa Díez para o mesmo fín.

Do  mesmo xeito que ocorreu no pasado, propoñen que se faga  unha interpretación flexible da normas da Cámara Baixa para facilitar que a coalición abertzale   o partido de Rosa Díez  formen grupos parlamentarios propios, con maior protagonismo na actividade lexislativa das forzas políticas no Congreso.

Como se sabe Amaiur é unha coalición política  conformada por Eusko Alkartasuna, Alternatiba, Aralar e independentes da esquerda abertzale, que ten como obxectivo defender desde o País Vasco e Navarra o dereito de autodeterminación de Euskal Herria no Congreso.
   O Reglamento do Congreso contempla varias vías para poder crear un grupo parlamentario. En primeiro lugar, poderán constituírse en grupos os partidos que obteñan máis de 15 de escanos. Tamén poderán facelo os que logren, polo menos, cinco deputados e un 5 por cento dos votos a nivel nacional ou ben o mesmo número de escanos e un 15 por cento naquelas circunscripciones nas que presentan candidatura.
   Amaiur e UPyD lograron o limiar mínimo de escanos, con sete e cinco parlamentarios respectivamente, pero non ocorre o mesmo co relativo ás porcentaxes de voto. A coalición abertzale superou o 15% en todas as provincias vascas pero non en Navarra, onde se quedou no 14,86%, mentres que o partido de Rosa Díez ten unha porcentaxe estatal do 4,69%.
   Fontes de Esquerda Unida, que ten garantido o seu propio grupo,  defenden que se faga unha interpretación flexible do Reglamento, a mesma que no seu momento reclamaron para eles mesmos e da que acabaron beneficiándose, por exemplo en 2008, cando lles faltaron décimas para chegar ao 5 por cento a nivel nacional tras coaligarse cos deputados de IU, ERC e momentáneamente cos dous do Bloque Nacionalista Galego (BNG), que despois volveron ao Mixto.
   Aínda que sen citar expresamente ningunha sigla, desde IU recalcan que entón houbo quen tachou de chapuza esta operación, en clara referencia a Rosa Díez. No entanto, tamén apuntan que eles mesmos foron vítimas dunha interpretación estrita das regras en 1986 cando, habendo sacado 7 deputados e o 4,63 por cento dos votos tiveron que quedarse no Grupo Mixto.
   Desde o PNV nunca se puxo impedimento á flexibilidad na aplicación deste tipo de normas, aínda que consideran que si se fan deben aplicarse a todos por igual, neste caso, tanto a Amaiur como a UPyD, unha tese coa que coincide Esquerra Republicana.
   O Bloque Nacionalista Galego e Coalición Canaria, con dous deputados cada unha, teñen plans de seguir no Grupo Mixto. Por iso non ocultan que prefiren que o partido de Rosa Díez e a coalición abertzale teñan os seus propios grupos parlamentarios, o que alixeiraría a composición do Mixto. 
   Francisco Jorquera, do BNG, considera que o Reglamento debe aplicarse baseándose en criterios obxectivos e non ideolóxicos. Por iso aboga por que os grupos reflictan o máis fielmente posible a pluralidade do hemiciclo e por que, á vez, todos poidan desenvolver a súa actividade parlamentaria con normalidad. Desde Coalición Canaria, Ana Oramas, tamén recorda que, tendo en conta os precedentes, o lóxico sería que se permitise a UPyD e Amaiur crear grupos independentes.  
   En calquera caso a última palabra sobre este asunto teraa a nova Mesa do Congreso, na que o PP terá maioría absoluta e que se constituirá o próximo 13 de decembro. A partir de aí ábrese un prazo de cinco días para a formación dos grupos parlamentarios.
   Aínda que hai diversas opinións si sobre axústase ou non ao Reglamento hai quen apunta que Amaiur podería intentar asegurarse o grupo formándoo únicamente cos seus seis deputados elixidos polas tres circunscripciones vascas, onde chega sen problema ao 15 por cento dos votos, para incorporar despois ao electo por Navarra.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar