A densidade comercial en Galicia por enriba da media

 

Centro Comercial Plaza Elíptica en Vigo

A densidade comercial en Galicia sitúase en 14,1 locais de comercio minorista por cada 1.000 habitantes, superior á media, que queda en 12,9 locais, segundo consta no informe anual do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Segundo o devandito informe, ao que tivo acceso Europa Press, as comunidades con densidades máis altas son Ceuta e Melilla (15,6), Galicia (14,1) e Extremadura (13,9), mentres as que teñen menor número de locais por cada 1.000 habitantes son Madrid (10,7), Aragón (12,1) e Navarra (12,2).

O informe sinala que a tendencia da densidade comercial, tanto a nivel nacional coma en todas as comunidades autónomas, é decrecente nos últimos anos. Así, a nivel nacional baixou dos 15,2 locais por cada 1.000 habitantes que se contabilizaban no ano 2000, ata os 12,9 na actualidade.

En total, en 2011, dez comunidades autónomas, ademais de Ceuta e Melilla, sitúanse por enriba da media española en densidade comercial. Trátase, ademais de Galicia e Extremadura, de Andalucía (13,6); A Rioja (13,4); Canarias e Baleares (ambas as dúas con 13,3); Castela e León (13,2); Comunidade Valenciana e Cataluña (13,1); e País Vasco (13).

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar