O alcalde de Ferrol, Rey Varela, novo presidente da Federación de Municipios


O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, foi elixido novo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) por asentimento de todos os asistentes á VIII Asemblea Xeral do ente municipalista.

Deste xeito, o popular Rey Varela substitúe o exrexedor de Ames (A Coruña) á fronte da Fegamp, en cuxa Executiva ostentará a vicepresidencia primeira o alcalde socialista do Barco, Alfredo García, e a vicepresidencia segunda, o primeiro edil de Allariz, o nacionalista Francisco García. Pola súa banda, o popular Alfonso Villares, que ostenta o bastón de mando en Cervo, farase cargo da Vicepresidencia Executiva.

Este novo órgano de goberno do ente municipalista foi aprobado por asentimento dos asistentes, que se mostraron de acordo coa candidatura unitaria presentada para a Asemblea. De feito, só contou con critícalas do actual alcalde de Oleiros, Anxo García Seoane, quen se mostrou contrario ao sistema de elección por considerar que «os independentes non están representados».

Así mesmo, no novo Comité Executivo da Fegamp estará o alcalde da Laracha, José Manuel López; o rexedor de Quiroga, Julio Álvarez; o de Sarria, José Antonio García López; o de Pereiro de Aguiar, Eliseo Fernández; así como o San Cristovo de Cea, José Luis Valladares.

Tamén formarán parte deste órgano o rexedor de ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez; o alcalde de Lalín, Xosé Crespo; o de Culledero, Julio Sacristán; a rexedora de Muros, Caridade González Cerviño; o de Pedrafita, José Luis Raposo; o de Catoira, Alberto García; a rexedora de Silleda, Paula Fernández Pena; e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Precisamente, o goberno da Fegamp, deu luz verde a un total de catro relatorios que, como asegurou o novo presidente, aspiran a «marcar a folla de ruta» do ente municipalista de cara aos próximos anos, e que abordan, entre outros aspectos, cuestións de salarios, financiamento e competencias, transparencia, autonomía local e urbanismo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar