Paso atrás de José Blanco, que non será candidato á Xunta

José Blanco, vicesecretario de organización do PSOE e ministro de Fomento e portavoz do Gobiern anunciaque abandonará a primeira liña da vida política nacional e non optará a ser reelixido como número dous do partido no Congreso Federal que celebrará a segunda semana de febreiro.

Blanco fixo este anuncio nunha entrevista na Canle 24 horas de Televisión Española, na que explicou que xa informou no seu día desa decisión tanto a José Luís Rodríguez Zapatero como a Alfredo Pérez Rubalcaba.

En concreto, trasladoullo a Zapatero cando este tomou a decisión de non ser o candidato do PSOE á Presidencia de Goberno nas eleccións do pasado domingo, e a Rubalcaba cando lle comunicou que non dirixiría a súa campaña electoral a eses comicios.

Na nova lexislatura, José Blanco exercerá como deputado en Cortes pola provincia de Lugo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar