Os once detidos no desaloxo da sala Yago portaban material incendiario

 Uns 30 policías da Unidade de Intervención Policial desaloxaron esta mañá o edificio da sala Yago en Santiago, onde os okupas levaban pechados dende a madrugada do venres pasado. Nas portas do antigo cine colgaron pancartas con consignas como «nen policías nen xornalistas».

Dentro do edificio foron detidos os once indivíduos por tenza de material incendiario listo para preparar cócteles molotov.

No exterior do edificio, a policía detivo unha moza por «desobediencia e resistencia á autoridade». Un grupo de mozos congregados nas inmediacións berra consignas como «un desaloxo, outra ocupación».

Aínda que o inmoble é propiedade privada, o goberno municipal xa mostrara a súa intención -segundo explicou o alcalde, Gerardo Conde Roa, hai uns días- de recuperar os usos culturais do recinto. Por iso, o rexedor advertiu esta semana aos okupas de que caeroa sobre eles «todo o peso da lei» e que, eles serán os que teñan que asumir os gastos dos danos que ocasionen durante o seu ‘okupación’. «Evidentemente vanos pagar, está fóra de toda dúbida», advertiu Conde Roa.

Antes da ocupación, a Sala Yago «non» requiría unha rehabilitación enorme nin un grande investimento para poñela en funcionamento» e, segundo explicou o alcalde, cuns 400.000 euros poderíase recuperar e poñer en valor, aínda que, tras o incidente do pasado venres, Conde Roa se pregunta en que estado quedará agora o inmoble.

O alcalde agarda que tras o desaloxo poida retomar as conversacións coa familia propietaria do inmoble, para poñer en marcha alí o seu proxecto cultural que, como dixo «estabamos xa a punto de pecha»».

O BNG, DISCONFORME

O voceiro municipal do BNG, Rubén Cela, cualificou de «actuación desproporcionada» o desaloxo da Sala Yago en Santiago, que se saldou con 11 detidos que serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número 2 da cidade.

Cela critica «a alarma suscitada» na zona antiga compostelá «ante o despregamento efectuado» pola Policía Nacional, Grupos Operativos Especiais de Seguridade (GOES), efectivos da Unidade de Intervención Militar e os Tedax. «Crearon unha grande expectación durante a intervención desmedida que se prolongou varias horas», lamenta.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar