Despois do descalabro electoral, Zapatero anuncia un congreso

O presidente en funcións do Goberno e
secretario xeral do PSOE, José Luís Rodríguez Zapatero,
avoga por un congreso federal para elixir unha nova dirección
tralo descalabro electoral e dixo que o Comité Federal do
próximo sábado decidirá a data, posiblemente para a primeira
semana de febreiro.

    Zapatero compareceu en roda de prensa logo de presidir a
reunión da Executiva Federal do PSOE, na que se analizaron
os malos resultados das eleccións de onte e na que tomaron a palabra as súas 37 membros, entre eles o candidato, Alfredo
Pérez Rubalcaba.
    Tiñamos todo o vento en contra, apostilou Zapatero
sobre os resultados do 20N e tras sinalar que toda a Executiva
Federal coincidiu de xeito unánime en que os datos foron
malos.
    A Executiva Federal convocou para o vindeiro sábado ao
Comité Federal, ao que se propoñerá a celebración dun congreso
ordinario do PSOE, previsiblemente para a primeira semana de febreiro..

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar