«The Boss» confirma novo disco e xira por Europa para o 2012

 

Cartel anunciando o concerto de Bruce Springsteen en Londres o verán do ano que vén.

O músico, que regresa coa E Street Band, anunciará os lugares e as datas esta semana.

Bruce Springsteen e a E Street Band volverán a actuar en Europa o ano próximo dende mediados de maio a finales de xullo, segundo confirmou o roqueiro estadounidense na súa web.

Os lugares e as datas da xira aínda non están pechados e anunciaranse nesta semana, engaden, aínda que avanzan que a xira comezará cara a mediados de maio e rematará a finais de xuño. A información das actuacións en Estados Unidos e da «xira mundial» chegarán en breve. Esperemos que España sexa un dos «elixidos», e postos a pedir, ¿porqué non en Galicia? onde xa actuou o 2 de agosto do 2009 no Monte do Gozo en Santiago de Conpostela.

«Moitos de vós escoitastes que Bruce Springsteen e a E Street Band estarán de xira en 2012. Isto é absolutamente correcto», reza na web, que adianta as datas das actuacións no Reino Unido:

The first dates to be announced are:

Date City Venue On Sale
21 June Sunderland, England Stadium of Light 3 Dec
22 June Manchester, England Etihad Stadium TBA
24 June Isle of Wight, England Isle of Wight Festival 25 Nov
14 July London, England Hard Rock Calling 3 Dec

 

Así mesmo, o perfil de Springsteen en Facebook tamén apunta que a música está «practicamente feita, aínda que aínda sen título», que xa case hai unha data para a súa publicación, aínda que non aínda, e que a banda está «incriblemente excitada con todo o que están a planear para 2012». «Esta é toda a información por agora, pero volveremos realmente pronto», sentencia o comunicado.

Será a primeira xira da E Street Band tras a morte do carismático saxofonista Clarence Clemmons.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar