Guillerme Vázquez pon o seu cargo a disposición

O portavoz nacional Guillerme Vázquez pon o seu cargo a disposición do partido, segundo anunciou nunha rolda de prensa. Farao no Consello nacional que se celebrará o próximo sábado.

O anuncio foi efectuado polo político pontevedrés nunha rolda de prensa  na que declaro»non quero ser un obstáculo nin entorpecer nada», en relación coas críticas vertidas onte por Xosé Manuel Beiras. Engadíu que «non vou caer no insulto nin na descualificación a compañeiros, xa que cando se perde acaba perdéndose todo».

Vázquez considera que os resultados electorais son «bos» e que «detemos a caída porque miles de galegas e galegos recuperaron a confianza non BNG».  A formación política mantén a mesma representación que tiña con anterioridade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar