O BNG celebrará os seus resultados, «que resistiron o avance da dereita»

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, proclamou este domingo electoral que os nacionalistas «resistiron o avance da dereita» tras conseguir manter os dous deputados cos que conta no Congreso, e considerou que empeza a «recuperación» da «confianza» no BNG por parte da sociedade.

«Estou seguro de que estamos en condicións de ir aumentando a confianza dos cidadáns», manifestou o líder nacionalista, quen asegurou que os que non votaron a opción nacionalista en Comunidade «tamén se alegrarán» de que siga a «voz» galega en Madrid.

Tras o escrutinio deste domingo electoral, que deu a maioría absoluta ao candidato do PP á Moncloa, Mariano Rajoy, e acompañado por practicamente todos os membros da Executiva, o líder nacionalista cualificou este domingo de «día alegre» e desexa «éxito» e «felicidade» ás outras formacións nacionalistas, que incrementaron a súa presenza.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar