Beiras rexeita o sufraxio universal e tacha de «aberrante» o resultado

 O voceiro nacional do Encontro Irmandiño –partido integrado no BNG–, Xosé Manuel Beiras, mostrouse abertamente contrario ó  principio de sufraxio universal  libre, directo e segredo á hora de considerar como un «fenómeno aberrante» nunha «sociedade sa» que o candidato do PP a La Moncloa, Mariano Rajoy, obtivera eses resultados, e atribuíunos á «chantaxe do medo» e a un «lavado de cerebro» á sociedade perpetrado polo «poder mediático e económico».

   En rolda de prensa un día despois dos comicios xerais, Beiras riscou os comicios de «pallasada, farsa, proceso trucado dende o principio», e asegurou que «os grandes poderes dos grupos económicos e mediáticos vinculados aos poderes de capital financeiro e especulador fixeron un proceso de lavado da cidadanía para preparar a manipulación da xente, de maneira que as mentes non funcionasen no exercicio do que propiamente é liberdade».

   A iso, engadiu a «chantaxe do medo» e «o proceso de conversión de cada vez máis segmentos da maioría social en súbditos», é dicir, advertiu que vai en aumento o número de persoas «sometidas ao temor do que pasará mañá». Ao seu xuízo, levouse a cabo unha campaña de propaganda «aproveitando a incidencia sobre os resortes dese medo».

   O resultado, reprobou, é que Mariano Rajoy chegou á vitoria á cabeza dun partido «connivente co xenocidio en Oriente Medio, que foi connivente cos crimes contra a humanidade perpetrados en Iraq e antes en Afganistán; que compartiu e foi colaborar activo da mentira universal das armas de destrución masiva do Gobiermo de Sadam Husein; que en 2004 non tivo reparo ante a traxedia daquel atentado en montar unha mentira, importándolle un nabo os cidadáns…».

   Xosé Manuel Beiras concluíu que, «que este individuo, que é o señor dos hilillos, que demostrou a absoluta inconpetencia,», constitúe un «fenómeno absolutamente aberrante nunha sociedade normal, sa dende o punto de vista democrático». «Se isto puidese acontecer nunha sociedade democrática normal isto significaría que a democracia non serve, que non funciona», reflexionou.

   Xosé Manuel Beiras argumenta que para que exista ten que haber «opinión pública», e indicou que esta nace «da información veraz», que é «fundamental para o funcionamento da cidadanía», pero iso foi «papel mollado» e «o resultado é o que é».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar