Investíganse en Galicia, nove denuncias de supostos nenos roubados

A falta de datos, o falecemento da persoa ou a inhibición a favor doutros xulgados, principais causas de arquivo.

A Fiscalía Superior de Galicia investiga seis denuncias de supostos nenos roubados, a maioría na provincia da Coruña, mentres que xulgados da provincia de Pontevedra teñen en trámite outros tres.

En concreto, a Fiscalía Provincia da Coruña investiga catro denuncias de supostos nenos roubados; a Fiscalía de Área de Ferrol, un; e a de Vigo, outro. A estes súmanse outros tres procedementos en trámite denunciados directamente en xulgados pontevedreses, segundo datos facilitados por fontes xurídicas.

Pola súa banda, foron arquivados catro casos na Fiscalía da Coruña; dous na de Santiago e tres na de Vigo; aos que se suma outra denuncia máis pechada nun xulgado pontevedrés ao non haber «datos que levasen a iniciar unha investigación sobre ela», matizaron fontes da Fiscalía Superior de Galicia.

Deste modo, en concreto, a Fiscalía Provincial da Coruña arquivou cuarto denuncias e ten catro en trámite; a de Santiago, pechou dous; a de Ferrol investiga unha; e a de Vigo continúa cunha aberta e tres foron arquivadas, segundo un informe facilitado pola Fiscalía Superior de Galicia.

Mentres en xulgados pontevedreses están en trámite, sen pasar pola Fiscalía Superior de Galicia, outras tres denuncias e unha quedou pechada por falta de datos para proseguir.

As Fiscalías provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra non tramitaron ata a data ningunha dilixencia sobre supostos nenos roubados. Non obstante, no caso da demarcación pontevedresa, existen as denuncias realizadas ante xulgados de Instrución.

CAUSAS

A falta de datos, o feito de que a denuncia sobre supostos nenos roubados «non tiña visos de prosperar» pola carencia de información que a fixesen viable; ou o falecemento da persoa que se busca, representan as principais causas de arquivo, segundo concretaron fontes da Fiscalía galega.

Así, unha das dilixencias tramitadas en A Coruña foi arquivada ao inhibirse a favor da Fiscalía Provincial de Murcia, rexión na que nacera a persoa en cuestión, mentres que noutro caso a inhibición foi a favor da Fiscalía de Área de Ferrol.

Outro motivo de arquivo doutra causa a cargo da Fiscalía de Santiago facía referencia a unha nacemento no ano 1957 nunha maternidade en Santiago «que xa non existe», segundo precisaron as mesmas fontes, «e non se pode indagar por falta de datos».

Noutras denuncias «só se achegan vaguidades» e «non se dá ningún datos en concreto», o que impide o labor de investigación da Fiscalía; e noutros casos existen certificados de defunción ou enterramento das persoas consideradas como nenos roubados.

Pola súa banda, as causas que están en trámite na actualidade en Galicia, nalgúns casos, «son recentes» e noutros «se sospeitaba que poida haber algo», polo que se mantén aberta mentres «siga a investigación».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar