Fracasa la convocatoria de los «indignados» en la jornada de reflexión

 

O medio centenar de ‘indignados’ que se concentraron este sábado na Alameda de Santiago de Compostela para  iniciar unha manifestación polas rúas da cidade, cambiaron de plan, ante o fracaso da convocatoria, e conveteron a xuntanza nunha «reflexión conxunta sobre os políticos e o Estado de Dereito, do que poñen en dúbida a sua lexitimidade.

  O acto, que tivo lugar coincidindo coa xornada de reflexión previa aos comicios xerais que se celebrarán este domingo día 20 de novembro, fora convocado  polos colectivos organizadores  Acampada Obradoiro’ e ‘Democracia Real XA!’ pero reducíuse finalmente a unha sucesión de intervencións frente a un micrófono, cunha nula atención polos transeuntes, solo atraidos pola curiosidade do feito dos autodenominados «indignados».

Un dos convocantes afirmou que  «O cambio non vai comezar este domingo, senón que comezou hai seis meses cando o agora coñecido como ’15 M’ comezou as protestas para reivindicar que esta democracia non nos representa».

As asociacións de «indignados» pretendían partir as seis da tarde de Porta Faxeira para dirixirse ó Obradoiro onte agardaban abrir un debate sobre a lei electoral, a banca e a «soberanía alimentaria»

A convocatoria da manifestación ía coincidir coa xornada de reflexión na que está prohibida expresamente a apelación ó voto.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar