Galicia lidera o aforro farmacéutico

Galicia é a Comunidade Autónoma que lidera o aforro farmacéutico en España, tal e como se desprende dos datos totais de facturación de receitas médicas do Sistema Nacional de Saúde a octubre de 2011, enviados hoxe polo Ministerio de Sanidade ás Comunidades Autónomas.

A analise dos indicadores coñecido durante esta mañá confirma que Galicia é a Comunidade Autónoma que máis reduciu a súa factura farmaceútica nos dez primeiros meses do ano (xaneiro-outubro), cun 10,57%, fronte á media do Estado que foi do 8,31%; tal e como se comprometera o departamento que dirixe Pilar Farjas Abadía cando puxo en marcha o plan de contención do gasto farmacéutico, centrado en levar a cabo unha serie de medidas que están a permitir o desenvolvemento de mellores prácticas de prescrición e o bo uso do medicamento, e que buscan a participación e sensibilización de todos os axentes sociais implicados na cadea de prescrición e dispensación de medicamentos.

Entre estas medidas destaca a posta en marcha do Catálogo priorizado de produtos farmacéuticos.  Dos datos enviados hoxe polo Ministerio de Sanidade, tamén destaca que Galicia é a Comunidade Autónoma que máis descendeu o gasto medio por receita no mes de outubro (9,04%), liderando tamén neste apartado a media nacional (5,2%). No acumulado do ano Galicia (12,6%) é, igualmente, xunto con Baleares, a primeira en aforro, fronte ao 10,4% da media nacional.

Outro dos indicadores máis destacados no que Galicia tamén está á cabeza do aforro é a evolución do incremento do número de receitas emitidas, apartado no que, no mes de outubro, a nosa Comunidade Autónoma, co 1,4%, sitúase por baixo da media do Estado, 2,18%; e, tamén, por baixo no acumulado do ano, no que Galicia ten unha reducción (xan-outub) do 2,34% fronte á media do Sistema Nacional de Saúde do 2,40%.

A Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, enviou unha mensaxe de felicitación aos profesionais sanitarios de Galicia, dos que dixo que son un orgullo para o Sistema Nacional de Saude, co que fixeron un compromiso exemplar. Tamén enviou unha mensaxe de agradecemento a todos os usuarios da Sanidade Pública de Galicia, dos que dixo que asumiron, xunto co Goberno da Xunta, unha aposta pola eficiencia que blinda a sanidade pública desta crise económica sen precedentes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar