Predición meteorolóxica

DOMINGO 20-N

Estado do Ceo
Alternancia de nubes e claros en xeral, con néboas matinais persistentes en moitas áreas de interior; as nubes serán máis compactas no litoral norte da Coruña e Lugo, onde podería rexistrarse algún orballo ocasional.

Néboas
Bancos de néboa matinais xeneralizados e de carácter persistente no interior e brétemas costeiras en puntos do litoral.

Temperatura
Temperaturas sen cambios significativos, con sensación de frío nas primeiras horas que se suavizará moito a partir do mediodía.

Vento
Ventos moi frouxos de compoñente norte no litoral e calma no interior.

Comentario
As baixas presións que nas xornadas anteriores afectaron a Galicia moveranse ao sur e polo tanto a nosa Comunidade quedará nunha área atmosférica máis estable. Isto fará que a xornada quede marcada pola alternancia de nubes e claros en xeral, con néboas matinais xeneralizadas, persistentes en áreas de interior; no extremo norte as nubes serán máis compactas e podería rexistrarse algún orballo ocasional. As temperaturas non terán moitos cambios, polo que a sensación térmica nas primeiras horas será de frío, pero nas horas centrais do día cambiará para ser moito máis suave. Os ventos soprarán moi frouxos de compoñente norte no litoral quedando en calma no interior.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar