O BNG avista o caos: «Un auténtico desastre social»

Na última fase da campaña electoral o BNG acudiu ó mercado compostelano para  repartir propaganda eletoral e advertir de que «un trunfo da dereita será un aténtico desastre social.O voceiro do BNG, Guillerme Vázquez  afirmou tamén que «fronte á sensación estendida» de que os nacionalistas «terán representación» no Congreso, esta só «se obterá se a xente acode a votar» ao BNG.

 

 

En declaracións aos medios na habitual feira dos xoves de Salgueiriños, en Santiago de Compostela. Un acto que, segundo indicou, se enmarca na campaña de «proximidade» que o BNG leva a cabo para «explicar a cada un dos cidadáns» as súas propostas.

   «É evidente que en Galicia hai dúas posibilidades básicas o domingo, ou votar pola dereita que está a levar á sociedade galega a unha situación de desastre absoluto, ou votar a unha alternativa galega e de esquerdas, o BNG», asegurou Guillerme Vázquez.

   Neste escenario, no que se dirixiu aos cidadáns para entregarlle unha bolsa con información sobre as propostas electorais do BNG, o voceiro nacional da formación frentista tamén advertiu de que, «fronte á sensación estendida» de que o BNG «terá representación» en Madrid, esta só «a obterá se a xente acode a votar ao Bloque».

   A este respecto, asegurou que «o único resultado real» é o que «vai haber na noite do día 20 de novembro», polo que, considerou «necesario» realizar «un pulso final da campaña demandando votos para o BNG», pois, a xuízo, tras esta data «será necesario contar cunha forza disposta a seguir traballando por Galicia».

 

   «Galicia necesita unha forza política como o BNG disposta a enfrontarse a esas políticas da dereita que, a estas alturas, está máis que constatado que son equivocadas, fracasadas e que conducen a un auténtico desastre social», abundou o dirixente nacionalista.

   Ante estas políticas «fracasadas», Guillerme Vázquez demandou un «cambio de rumbo» que, na súa opinión, en Galicia «só virá de propostas políticas alternativas» e, como indicou, «no caso galego, a única alternativa posible é a BNG».

   Por último, incidiu en que o voto á formación nacionalista é «un voto útil» que contrasta con «optar por máis do mesmo» e «polas políticas da dereita que son desastrosas para Galicia e para a maioría social».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar