Un millón de euros máis para integración social


 

Benestar reforza o seu compromiso coa inclusión dos colectivos máis desfavorecidos, incrementado esta partida nun 1,6% en 2012.

A Xunta triplica a atencíón a dependentes nesta legislatura

Os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2012 contemplan un incremento do 1,6 por cento das partidas destinadas á inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos.

Así o confirmou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen destacou en Santiago- no transcurso da inauguración do seminario europeo ‘A estratexia-  que o Goberno galego reforzará o seu compromiso con estas persoas aumentando nun millón de euros a partida destinada para a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), que ascende hasta os 23,3 millóns de euros. Este orzamento, ademais, será ampliable para que todas as persoas que soliciten esta subvención poidan resultar beneficiarios da mesma, sempre e cando cumpran cos requisitos.

Así mesmo, a responsable de Benestar indicou que o orzamento dirixido á inclusión social tamén inclúe un aumento de 100.000 euros nas axudas de emerxencia social e de case medio millón de euros nas subvencións para os albergues e comedores sociais. En concreto, a partida destinada a comedores sociais sube un 29,3%.

A estas actuacións, todas elas contempladas nos presupostos de 2012, Mato afirmou que se suman medidas xa postas en marcha pola Xunta como o feito de que as persoas en risco de exclusión sexan colectivo prioritario das políticas activas de emprego.

A conselleira tamén lembrou que a Xunta está a elaborar una nova Lei de Inclusión de Galicia que entrará en vigor en 2012. Ao respecto, recordou que a normativa está a ser redactada no seo do Diálogo Social de Galicia e apuntou que constitúe “unha aposta pola coordinación da acción da administración e do terceiro sector a favor da inclusión, en resume, é unha aposta pola persoas”.

A modificación da lei recolle, entre outras actuacións, a reforma da Renda de Integración Social de Galicia, que de ser un subsidio converterase “nun auténtico impulso á inclusión social, coordinando os sistemas dos servizos sociais e de emprego”.

Neste senso, indicou que “o emprego é o piar básico do benestar e da inclusión” e asegurou que a nova lei seguirá os preceptos marcados desde o ámbito comunitario nos últimos anos, desde o informe conxunto sobre protección e inclusión social do Consello Europeo 2009 ata o documento marco do Ano Europeo 2010 de loita contra a exclusión e a comunicación.

Por último, Mato mostrou o seu recoñecemento á organización do seminario, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, e a todas as entidades do terceiro sector. «É un movemento básico e mostra do avance do voluntariado”, concluíu.

A Xunta triplica a atencíón a dependentes nesta legislatura

A Xunta de Galicia triplicou desde o inicio da actual legislatura o número de dependentes atendidos, ao pasar de 14.000 a máis de 51.000 persoas.

En concreto, segundo os datos aportados pola Consellería de Traballo e Benestar, en mayo de 2009 había en Galicia 14.000 persoas atendidas ao amparo da Lei de Dependencia e, desde ese momento, atendéronse a máis de 37.000 persoas novas, co que se chegou a un acumulado de 51.291 atendidos no periodo.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar