Santiago, entre as cidades máis rápidas

Telefónica desplegará en Compostela a rede móbil LTE.

Economía e Industria presenta en Santiago novas tendencias e oportunidades de negocio para a internacionalización das empresas TIC

Santiago de Compostela converterase nunha das primeiras cidades de España (tras Madrid e Barcelona) en contar cunha rede móbil de última xeración LTE, atendendo ao compromiso adquirido pola compañía coa Xunta de Galicia dentro das actuacións do Plan de Banda Larga co que está a achegarse a Internet ao noso rural e que pretende beneficiar a 250.000 persoas de 11.300 pequenos núcleos de poboación.

Esta nova infraestrutura despregarase ao longo de 2012 e posibilitará velocidades de descarga de ata 100 Mbps, permitindo aos usuarios da capital galega o acceso á vangarda da conectividade de datos en mobilidade, o que pode abrir oportunidades para o sector TIC galego, xa que poderán probarse en primicia novos servizos, produtos e dispositivos desenvolvidos para redes LTE.

Economía e Industria presenta en Santiago novas tendencias e oportunidades de negocio para a internacionalización das empresas TIC

BIC Galicia organiza un seminario dirixido a compañías dedicadas ás tecnoloxías da información e a comunicación que desexen conquistar novos mercados

O encontro desenvolveranse na sede de Feuga os próximos días 23 e 24 de novembro

A Consellería de Economía e Industria, a través de Bic Galicia, organiza un seminario en Santiago os vindeiros 23 e 24 de novembro co obxectivo de apoiar na súa estratexia de internacionalización ás microempresas e pemes galegas do sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) que están en vías de consolidación.

Neste obradoiro, organizado en colaboración da Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga), participarán expertos que presentarán novas tendencias  e oportunidades de negocio para empresas TIC que contribúan, tanto a orientar os seus procesos de innovación, como a afianzar o seu posicionamento no mercado, con miras á súa internacionalización.

O programa do seminario inclúe, entre outros, asuntos como os puntos clave dun plan de negocio baseado nunha estratexia dixital; as oportunidades de internacionalización en Internet; estratexia para realizar unha comercialización on line eficiente; o marketing on line como escaparate  e medio de interacción cos usuarios; ou os aspectos legais determinantes para implantar un negocio on line.

O seminario, que se desenvolverá na sede de Feuga, no Campus Vida da Universidade de Santiago, ten carácter gratuíto. Pódese obter máis información no teléfono 981 54 68 19 ou no correo electrónico ticemprende@bicgalicia.es.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar