Vinte anos da Policía Autonónica: «unha sociedade mais segura»

«Grazas á competencia e profesionalidade dos homes e mulleres que forman a unidade policial autonómica “somos unha sociedade máis segura, máis ordenada e máis libre”. Foron al palabras do presidente Feijóo no vixésimo aniversario da creación de Policía Autonómia. Tamén salientou  que o seu traballo en medio ambiente, en materia de menores, na loita contra os incendios e o furtivismo, ou na vixilancia do Camiño de Santiago, obrigan a proclamar unha conclusión: “a nosa policía autonómica é un piar fundamental da nosa convivencia”.

 

Durante o acto de recoñecemento á unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia con motivo do XX aniversario, Feijóo asegurou que a comunidade galega conta cun corpo policial “axeitado ás nosas demandas e as nosas posibilidades”. “Desde os seus inicios, este corpo que hoxe cumpre vinte anos esfórzase por alimentar un proceder xenuíno, baseado na cooperación e na eficacia. Busca converterse nunha ferramenta para resolver problemas, para mellorar a vida dos galegos e darlles voz propia no concerto dos pobos de España. Búscao e conségueo”, aseverou.

Así mesmo, o responsable do Goberno galego destacou que “o talante conciliador, dialogante e sereno do noso pobo, tradúcese tamén nunha policía que non nace contra ninguén, senón a favor de todos”.

Logo de lembrar que aínda están pendentes cuestións como a definición dun esquema policial nacional “no que se inserten unidades como a nosa; e está pendente que o Goberno central free a tendencia á baixa que se rexistrou nos últimos anos respecto ao número de efectivos”, Feijóo resaltou que, “en todo caso, a experiencia galega demostra que estes corpos nin son suplerfluos, nin constitúen un atranco para a boa cooperación policial, nin son vistos pola poboación como algo meramente simbólico. Para os galegos, a unidade da policía autonómica forma parte da paisaxe do noso país”.

Feijóo concluíu subliñando que “aquela previsión estatutaria é hoxe un logro. E este logro –aseverou- débese aos profesionais que integran a Unidade de Policía Adscrita. Celebramos vinte anos de entrega ao servizo público. O noso aplauso é o de toda unha sociedade que se sinte máis protexida”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar