O BNG centra a sua mensaxe en descalificar a Rajoy

O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, e a número 1 ao Congreso por Pontevedra, Olaia Fernández Davila, repartiron esta mañá material de campaña aos traballadores de Citroën á entrada da factoría en Vigo, durante o cambio de quenda de primeira hora da tarde.

En declaracións aos xornalistas, Guillerme referiuse ás recentes declaracións feitas por Mariano Rajoy segundo as cales unha eventual vitoria eleitoral do seu partido “suporían unha mensaxe de confianza e de tranquilidade para Europa”.

«Frente á marea azul escuro case negra do PP, dique de contención galego e de esquerdas, a  teor da evolución da prima de risco, que  rexistou récords históricos, queren ter os bonos a un ano querénos ter a dez, esa presunta mensaxe de confianza non parece ter producido o menor efeito.

“Así as cousas, ou cambiamos de rumbo e acabamos coas políticas de dereita ou isto vai literalmente ao abismo”, concluiu Guillerme.
No contexto galego, o portavoz nacional considerou que “frente a un Rajoy que pon enriba da mesa a continuidade política das políticas de dereita practicadas polo Goberno do Estado e polo Goberno da Xunta” só cabe unha alternativa, “a alternativa galega e de esquerdas que representa o BNG”.

Explicou que está a pedir o apoio “ás galegas e aos galegos” porque o BNG é a alternativa que defende a este país e as súas maiorías sociais.
“Queremos pedir máis forza o día 20 porque o día 21 o BNG si estará defendendo Galiza, a súa maioría social, o futuro, a dignidade e o traballo para este país”, concluiu.

Por súa parte, Olaia Fernández Davila explicou que “vimos pedirlle o voto aos traballadores de Citroën” e a “todas e a todos aqueles que reclaman traballo digno e servizos públicos de calidade”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar