A Sinfónica de Galicia apoia aos compositores galegos co estreo de ‘Lingua de escuma’

O Coro de nenos da OSG, en imaxe de arquivo

A Sinfónica de Galicia estrea este xoves día 17, en Vigo, e o venres día 18, na Coruña, ‘Lingua de escuma’, do galego Fernando Buide, composición encargada para conmemorar os 20 anos do conxunto orquestral galego, segundo informa nun comunicado.

O compositor galego, Fernando Buide

‘Lingua de escuma’ é unha obra para coro de nenos e orquestra. Baixo a dirección de Miguel Harth-Bedoya e co concurso dos Nenos Cantores que dirixe José Luís Vázquez, a OSG estrea esta obra de Buide –sobre un texto de Javier Vizoso do mesmo título– no programa que se ofrecerá os días 17 e 18 de novembro en Vigo e A Coruña, respectivamente.

Ademais da estrea de ‘Lingua de escuma’, a OSG ofrecerá nos seus concertos de Vigo e A Coruña o ‘Concerto para violín e orquestra número 2’ de Béla Bartók , co violinista Ning Feng como solista, así como a ‘Sinfonía número 2 en re maior, op. 73’, de Johannes Brahms.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar