«Cores en pugna», ou a violencia de xénero vista pola novelista rusa Sofía Faddéeva

 

A novelista rusa Sofía Faddéeva e o poeta e músico senegalés Abodulaye Bilal Traore realizan unha xira por Galicia

   A poetisa e novelista rusa, residente en México, Sofía Faddéeva, participa nunha xira por diversas localidades de Galicia, co fin de presentar a súa novela ‘Colorees en pugna’, na que se trata a violencia de xénero desde un punto de vista intenso e persoal, de forma autobiográfica, ao ser precisamente vítima dela.

Na mesma xira participa o poeta e músico senegalés Abodulaye Bilal Traoré, quen presenta o seu libro ‘Oculto ao Sol’, un compendio de poesía escrita durante os anos nos que residiu en Galicia, a maioría deles como inmigrante indocumentado.

En concreto, este martes día 15 de novembro, ás 20.00 horas, en Ourense os autores estarán no Centro Cultural da Deputación provincial.

O mércores trasladaranse ás 20.00 horas a Pontevedra e o xoves ás 19.30 horas a Vigo, mentres que o venres acudirán ás 20.30 horas a Vilagarcía de Arousa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar