O Nobel Richard Royce visita a Cidade da Cultura

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, acompañou ao Premio Nobel de Química, Richard Royce Shrock, que participará no programa Conciencia, nunha visita á Cidade da Cultura.
Previamente, Richard Schrock reuníuse co persoal investigador da Universidade de Santiago (USC) para coñecer e discutir as liñas de investigación que están a desenvolver na actualidade. O Premio Nobel atópase na capital galega convidado o Programa Conciencia.

Tal e como sinala a institución académica, foi unha “magnífica oportunidade” para “darlle visibilidade” e, de paso, “debater acerca dos últimos avances en materia química que desenvolven os equipos da institución compostelá”.

Richard Shrock, que este xoves pronuncia unha conferencia en Santiago, mereceu o Nobel –compartido con Yves Chauvin e Robert H. Grubbs– polo desenvolvemento do método da metástasis na a síntese orgánica, que permite “cambiar átomos de lugares”.

Este achado abre a porta á construción de moléculas sen máis límite que a propia imaxinación, máis aló do que existe na natureza. Ademais, serviu para obter de forma máis rápida e dunha forma menos contaminante produtos sintéticos como perfumes, plásticos, fibras ou fármacos

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar