O autobús, en alza

O número de viaxeiros transportados por autobús en Galicia aumenta un 6,4% en setembro

Os usuarios do avión soben un 0,3% no conxunto do Estado e os do AVE increméntanse un 8,2%

O número de viaxeiros transportados por autobús en Galicia aumentou un 6,4% en setembro en relación co mesmo mes do ano anterior, ata as 5.342.000 persoas, segundo informa este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

No que vai de ano, o transporte urbano por autobús na Comunidade galega acumula un incremento do 2,2%, que é o terceiro maior por comunidades despois de Murcia ( 3,2%) e País Vasco ( 2,7%).

No conxunto estatal, o número de viaxeiros que optaron polo avión para os seus desprazamentos polo interior do país subiu un 0,3% o pasado mes de setembro en relación a igual mes de 2010, mentres que os que optaron polo tren subiron un 2,4% e os de autobús repuntaron un 1,5%.

Nos nove primeiros meses, o número medio do total de viaxeiros creceu un 0,5% respecto ao mesmo período do ano anterior. Por tipo de transporte, todos os modos presentaron taxas medias positivas neste período, a excepción do transporte especial e discrecional, que baixou un 3,2%.

O transporte urbano por autobús aumentou un 1,3% en taxa interanual, con máis de 143 millóns de usuarios en setembro. Case todas as comunidades autónomas rexistraron taxas interanuais positivas, coa excepción da Comunidade de Madrid, cun descenso do 2,2%. Os maiores aumentos rexistráronse en Galicia (6,4%) e País Vasco (4,7%%).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar