Feijóo chama a apoiar un candidato «responsable e comprometido»

O presidente do PP de Galicia, Núñez Feijóo chamou «ao cambio político en España» despois de advertir que «ningunha nación de Europa e do Mundo quere un gobern socialista e manifestar o seun convecmente de que España o ten «todo» para sair da crisie. Foi en Marín, onde pedíu o voto paa o candidato á presidencia do Gobierno, Mariano Rajoy, a quen situou á cabeza dos políticos «responsables e comprometidos»

   «Se temos un pobo esforzado e comprometido novos formados e emprendedores, claves para saír da crise, imos cambiar aos políticos por outros que son responsables e comprometidos empezando por Rajoy», arengou o xefe de filas do PPdeG nun mitin celebrado na Praza de Abastos de Marín (Pontevedra), ante un auditorio duns 500 militantes e simpatizantes.

   Feijóo aproveitou a súa intervención para reiterar que, malia que o que di o PSOE, os populares traballarán «pola educación pública e pola sanidade pública» e contrapuxo este compromiso coa actitude dos Gobernos socialistas de Felipe González e de José Luis Rodríguez Zapatero.

 

   «Cando González se foi do Goberno de España deixou unha débeda dun billón de pesetas, Zapatero deixa unha débeda de tres billóns. É certo que González estivo 14 anos e Zapatero só oito. Se Zapatero chega a estar 14 anos non hai sanidade en España e en Galicia», proclamou Feijóo, quen advertiu de que «os ricos» son os socialistas, que «nunca viviron mellor» que durante a súa etapa á fronte do Executivo estatal.

   «¿Quen son os ricos? ¿Quen son os que baixaron as pensións? ¿Quen son os que deixan a sanidade ao bordo da quebra?», preguntouse o presidente galego, para rexeitar «o rancor e as divisións», ao tempo que advertiu de que na actual situación hai «máis de 90.000 empregos ameazados» na comunidade pola falta de apoio estatal nos sectores da pesca, o agrario e o naval.

«No PUNTO DE MIRA»

   Preocupado porque España está, xunto con Italia, no punto de mira «da recesión», o presidente do PPdeG, incidiu en que é «moi duro» saír do país e dicir que se é «español», unha situación que lamentou tras a «imaxe» trasladada polos emigrantes de que España como pobo «eficaz e próspero». Un pobo que, censurou, agora está «sendo deteriorado».

   «E iso non é xusto», advertiu o líder popular, quen insistiu en que España está «ás ordes de Europa», e reivindicou a necesidade de «cambiar» esta situación colocando á fronte do país políticos «responsables e comprometidos». Todo iso, engadiu o popular, para evitar que o país siga dirixido por un Goberno «que dimitiu nas súas responsabilidades».

   «Cando un país ten un Goberno dimitido non ten Gobierno, avisou o popular, quen recordou aos asistentes ao mitin que o 20-N poderán elixir entre os que «enganaron» á sociedade ao «negar» a crise e os que «dende o primeiro día» dixeron «a verdade».

   De feito, o dirixente popular resaltou que o que «verdadeiramente teme» o PSOE é que os cidadáns poden opinar e ten medo de que «recorden» o que o seu candidato, Alfredo Pérez Rubalcaba, trata de «ocultar», é dicir, que foi «vicepresidente do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero».

   Así mesmo, tras recordar aos cidadáns que PSOE e BNG «gobernarán xuntos» se poden facelo, Feijóo asumiu compromisos no ámbito local e anunciou que se «abrirá» a variante de Marín «en plena crise». «¡ Abrirémola e pagarémola, as dúas cousas!», proclamou o presidente, quen asegurou que leva esta localidade «na súa cabeza, no seu corazón e na súa carteira baleira».

APLAUSO DE ÁNIMO PARA FEIJÓO

   Como a candidata Ana Pastor e o resto de oradores no acto, o presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, referiuse ao leve accidente que sufriu Feijóo e do que saíu ileso, e iniciou a súa intervención pedindo «un aplauso de ánimo» para o líder do PPdeG. Louzán destacou que «de cando en vez» a campaña dá «algún susto», para congratularse de que ao seu xefe de filas non lle pasara «nada».

   Por outra banda, agradeceu o apoio electoral nas últimas eleccións e deu por feito que os veciños de Marín «responderán» o próximo 20-N, para augurar que tamén as distintas administracións –Concello, Deputación, Xunta e, se Rajoy gaña, o Goberno central– traballarán para «dar» a esta localidade pontevedresa «o que merece».

«FACER HISTORIA» EN MARÍN

   A alcaldesa de Marín, María Ramallo, foi a primeira oradora do mitin e aproveitou a súa intervención para recordar que a localidade pontevedresa, recente feudo dos populares tras as últimas eleccións municipais, foi unha praza na que o seu partido «fixo historia» na última cita coas urnas, tras unha travesía de 12 anos na oposición.

   Aclamada polos asistentes ao mitin que abarrotaron o recinto no que Feijóo pronunciou o mitin central desta xornada, Ramallo augurou que o mesmo acontecerá a Rajoy o próximo 20 de novembro e destacou a xestión do PP, caracterizada por «atender a todo o mundo» e facer fronte «aos problemas», en vez «de crealos».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar