Esforzo presupostario para emprendedores e autónomos

Os orzamentos autonómicos para 2012 experimentan  un incremento dun millón de euros, ata chegar aos 28 millóns, en materia de emprendedores y autónomos.

Así o dixo a conselleira de Traballo, Beatriz Mató na innauguración  das Xornadas Internacionais de Coaching que se están a celebrar en Santiago e incidiu en que apoiar aos emprendedores é un dos retos mais importantes para saír da crise porque se trata de persoas con iniciativa e valor para poñer en marcha as súas ideas e dinamizar a economía, o que permite a creación de emprego.

A titular de Traballo apuntou que desde o Goberno galego apóstase firmemente polas fórmulas de apoio ao emprendemento que se tratan de orientar ás necesidades concretas de cada perfil de emprendedor, empresario ou empresaria.

Por exemplo, para a xuventude púxose en marcha o programa ‘Emprende’, un proxecto compartido co norte de Portugal, no marco da Eurorrexión, cofinanciado pola Unión Europea e cuxo investimento supera os 700.000 euros. Con el preténdese aproveitar as sinerxias históricas existentes entre os dous territorios e fomentar ferramentas como o e-learning, a través do cal preto de 22.000 mozos e mozas poderán mellorar a súa formación; ou o servizo de mobilidade xuvenil, para o intercambio de experiencias entre as empresas xóvenes de Galicia e o Norte de Portugal.

Outros dous proxectos orientados ao coaching e que tamén contaron co apoio da Consellería de Traballo e Benestar este ano foron ‘Emprega Talento’ e o ‘Fórum Cicerón’, ambas iniciativas pensadas para poñer en contacto ás empresas cos mozos e mozas con inquedanzas emprendedoras de Galicia.

Así mesmo, Beatriz Mato engadiu que desde a Xunta tamén se impulsou este ano o proxecto ‘Nacce’, dotado con 1,2 millóns de euros, e que está especificamente pensado para o apoio ás iniciativas emprendedoras do sector das novas tecnoloxías.

No caso das mulleres, o departamento tamén dedica esforzos para facer fronte ao teito de cristal que as afecta cando se trata de progresar nas súas carreiras profesionais. O ‘Programa Executiva’, unha iniciativa pioneira en Galicia e no Estado, permitiu a 200 mulleres mellorar os seus perfís directivos, a través de técnicas de coaching personalizadas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar