Día Mundial da Calidade: Galicia é líder en establecementos ca «Q de Calidade»

 

A Xunta de Galicia prevé pechar 2011 con 50 novas certificacións ‘Q de Calidade’ en establecementos galegos

Galicia é a comunidade líder en número de establecementos que ostentan esta marca. En total, posúena 56 aloxamentos rurais, seis balnearios e cinco instalacións náutico-deportivas. Ademais, é a segunda comunidade en número de axencias de viaxes con Q de Calidade, cun total de 50, e a cuarta autonomía en hoteis, con 42.

Na xornada de hoxe, xoves 10 de novembro, celébrase o Día Mundial da Calidade, unha data que ten como obxectivo aumentar a concienciación da importante contribución ao crecemento que confire este concepto a unha organización. Con motivo deste día, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, fai balance sobre a calidade turística na comunidade galega, na que se espera acadar en 2011 un total de 50 novas certificacións Q de Calidade Turística en establecementos galegos. En xaneiro de 2012, farase entrega dos diplomas acreditativos ás empresas que teñan acadado esta certificación ao longo de 2011.

Imaxe da entrega dos diplomas acreditativos de Q de Calidad Turística do ano 2010

Galicia é a comunidade autónoma líder en número de establecementos que ostentan esta marca. En total, posúena 56 aloxamentos rurais (dos 213 que a teñen en toda España), seis balnearios (dos 36 do conxunto estatal), e cinco instalacións náutico-deportivas, dun total de 10 en España. Ademais, é a segunda comunidade en número de axencias de viaxes con Q de Calidade, cun total de 50, e a cuarta autonomía en hoteis, cun total de 42. O número de establecementos que conta coa marca que distingue a súa calidade supón máis de 10% do total de España.

A Q de Calidade Turística é a marca que representa a excelencia no sector turístico español e aporta ao establecementos turísticos que a ostentan prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e promoción. O Instituto para la Calidad Turística Española, encargado de outorgar esta marca, é unha Entidade de Certificación de Sistemas de Calidade especialmente creada para empresas turísticas. Este organismo está formado polas asociacións turísticas nacionais máis importantes de este país, a Secretaría de Estado de Turismo, as comunidades autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Os establecementos avalados pola Q de Calidade pasan unhas estritas auditorías que aseguran que a súa prestación de servizo é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade; todo para asegurar aos clientes a mellor experiencia turística posible.

LISTADO DE ESTABLECIMENTOS CERTIFICADOS CON CALIDADE TURÍSTICA EN GALICIA

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar