Complétase o financiamento do Campus do Mar

Un total de 20 proxectos de grupos de investigación do cinco institucións que promoven o Campus do Mar –as universidades de Vigo, Santiago e A Coruña, o Instituto Español de Oceanografía e o Consello Superior de Investigacións Científicas– captaron 2,17 millóns de euros na convocatoria de Proxectos de Investigación Fundamental non orientada do Plan Nacional de I D i.

Desta vintena de proxectos de temática mariña ou marítima, 9 son do ámbito de ciencias e tecnoloxías mariñas –tres deles iniciativas coordinadas–, outro catro de gandaría, acuicultura e pesca, tres en deseño e produción industrial, dúas en biodiversidade, un en dereito e outro en bioloxía fundamental, molecular e celular.

Ademais do financiamento, seis dos 20 proxectos foron seleccionados para incorporar persoal investigador en formación, o que lles permitirá contar con investigadores predoctorales.

O xestor do Programa Nacional de Ciencia e Tecnoloxía Mariña do Ministerio de Ciencia e Innovación, Fidel Echevarría, destacou que, «xunto a Cataluña e Andalucía, Galicia ten unha posición moi consolidada e un papel moi importante no panorama nacional» na investigación mariña.

Echevarría, que se reuniu co equipo de dirección do Campus do Mar e co reitor, Salustiano Matogueira, sinala que España ten unha capacidade de produción ciencias mariñas «relativamente boa» e que, nese contexto, Galicia «ten un papel fundamental».

Nesta liña, considera que na comunidade e en Vigo, un campus de temática mariña era «un resultado natural do esforzo que se está facendo nesta zona», aínda que destacou que as dimensións do Campus do Mar van «máis aló das ciencias experimentais» posto que implica a outros ámbitos como a tecnoloxía ou as humanidades e tamén ao social, polo impacto que ten.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar