Para os españois, as vacacións son sacras

.Segundo unha enquisa realizada en 56 paises

.A economía é a principal preocupación para o 42% do consultados

Tres de cada catro españois han cambiado os seus hábitos no último ano para tratar de gastar menos, segundo os resultados da enquisa «Global online de Confianza do Consumidor» elaborada por Nielsen o pasado mes de setembro en 56 países. O aforro céntrase en consumir menos lecer fóra de casa (63%), máis que en reducir as súas escapadas de pontes e fins de semana (41%) ou as súas vacacións anuais (33%).

A restrición do gasto continuará en 2012

Outras medidas adoptadas para reducir o gasto pasan por consumir menos gas e electricidade (62%), teléfono (58%) e comprar menos roupa (55%). Ademais, o 51% asegura que adquire produtos de marcas máis baratas, utiliza menos o coche (39%), compra menos aparellos de novas tecnoloxías (34%), menos comidas preparadas ou para levar (28%), atrasa a substitución de aparellos e decoración para o fogar (28%), deixa de fumar ou fuma menos (21%).

Cando pase a crise algunhas destas medidas aforradoras poden seguir vixentes, sobre todo aforrar nas facturas de gas e electricidade (48%) e teléfono (40%), así como usar menos o coche (24%). Por primeira vez aparece a compra de bebidas alcohólicas máis económicas como unha medida de aforro.

Preocupación pola economía

A economía constitúe a principal preocupación para o 42% dos españois, porcentaxe que contrasta co 18% dos consumidores de todo o mundo. Séguenlle, no caso español, o paro cun 39%, e o aumento dos prezos da enerxía cun 21%. Neste sentido, nove de cada dez internautas españois opinan que a economía está actualmente en recesión, e un 67% pensa que seguirá estándoo nos próximos 12 meses, fronte ao 12% que cre que sairá antes, segundo recolle Europa Press.

E é que, como explicou Venkatesh Bala, director económico de The Cambridge Group, unidade de negocio de Nielsen, «a presenza da palabra recesión está a aumentar entre os consumidores e máis da metade di estar actualmente en crise». O resultado, conclúe, «é unha constante restrición do gasto, que se espera que continúe durante o seguinte ano».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar