O vento acadou en Vimanzo os 136 kms/hora

 A localidade coruñesa de Vimianzo rexistrou o refacho de vento de intensidade máxima na Comunidade galega, 136 kms/hora, segundo os datos rexistrados por Meteogalicia ata as 13.00 horas, mentres en Sálvora alcanzáronse os 132 quilómetros por hora.

   Segundo os datos recolleitos por Meteogalicia, na provincia da Coruña rexistráronse refachos de 111,4 quilómetros por hora en Cedeira, de 125 en Lira e de 81,1 en Malpica.

   Pola súa banda, na provincia de Pontevedra, o vento alcanzou os 93 quilómetros por hora en Oia; e na provincia de Ourense chegouse aos 154,9 na zona de montaña en Lardeira e aos 103,9 en Manzaneda.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar