Comeza o plan de seguridade invernal en 5.000 kms de estradas galegas

Entra en vigor o Plan de Vialidade Invernal que ata o 30 de abril do ano próximo garantirá a seguridade nos case 5.500 kilómetros de rede autonómica de estradas.

 Outra das novidades deste plan de vialidade invernal é a creación de 6 novos subcentros de vailidade invernal e o reforzo das reservas de fundentes con 8 novos silos de almacenamento e 10 novas plantas de salmoria. Este operativo da Xunta de Galicia implica un investimento de 4 millóns de euros. O Plan de Viabilidade invernal permite actuar para mellorar as condicións de circulación ante os efectos adversos que a meteoroloxía xera no período invernal. As medidas e actuacións divídense en dous grandes grupos, aquelas que permiten anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir e as que garanten a vialibidade e intentar incrementar a seguridade nas estradas.

 Da rede autonómica total, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten identificadas as vías máis susceptibles de ter problemas de neve. En total suman 873 quilómetros (16% da lonxitude total da rede autonómica de estradas) distribuídas do seguinte xeito:

Provincia

Treitos con maior risco de neve (KM)

Lonxitude total en servizo (KM)

A Coruña

190

1.675,60

Lugo

291

1.457,54

Ourense

270

1.021,90

Pontevedra

122

1.274,25

Total

873

5.429,29

O plan de viabilidade implica a posta a disposición de diferentes medios en cada provincia, como os materiais (centros operativos, reservas de fundentes –sal ou salmoira- e maquinaria) e medios humanos.

 A aplicación deste medios levarase a cabo a través dos axentes dos servizos de infraestruturas de cada provincia, contratos de conservación integral e das vías de alta capacidade. Isto implica a posta en marcha de 29 centros operativos, 70 reservas fundentes, 162 maquinas e máis de 400 persoas (técnicos e persoal de estradas).

 En definitiva, trátase cumprir co obxecto de garantir mellorar as condicións de vialidade, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes choivas, a formación de placas de xeo, ou a aparición de neve. Cando aparece xeo ou neve nas estradas o principal problema para a condución é a perda de agarre dos vehículos, o que pode provocar deslizamentos, perdas de control, e, como última consecuencia, un accidente.

 Nas seguintes táboas indícanse as reservas de fundentes e de maquinaria, así como a distribución do persoal, que estarán operativas nas catro provincias:

 

Reservas fundentes

 

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

TOTAL

Acopio de fundentes

10

4

6

7

27

Silos de sal

4

11

10

4

29

Planta de salmoiras

3

4

4

3

14

 

Maquinaria

 

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

TOTAL

Camións

11

18

14

10

53

Pick-up

2

2

4

Retros

4

4

2

4

14

Cuñas

7

10

6

5

28

Folla

4

8

3

2

17

Esparexedor de sal

8

14

8

6

36

Extendedora de salmoira

2

4

2

2

10

 

Persoal

 

SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS

CONSERVACIÓN INTEGRAL

CONCESIONARIAS DAS VÍAS DE ALTAS PRESTACIÓNS

TOTAL

A CORUÑA

22

60

35

117

LUGO

42

80

122

OURENSE

36

44

10

90

PONTEVEDRA

38

52

19

109

TOTAL

138

236

64

438

Protocolo de actuación

A Xunta de Galicia ten establecido un protocolo de actuación no que se prevé o procedemento para actuar en función das condicións meteorolóxicas nas que se atope a Comunidade Galega. No caso de prevención e detección de incidencias, situación normal, e aínda que non haxa previsión de xeadas ou neve, mantense unha constante vixilancia do tempo, consultando os partes e previsións meteorolóxicas emitidos pola propia Xunta de Galicia e por outros medios.

 A análise anterior compleméntase co percorrido diario das estradas, o que permite detectar instantaneamente calquera incidencia que se poida producir. O operativo que fai posible esta detección é o seguinte: a Garda civil, Protección civil, persoal da Consellería, persoal das empresas contratadas para a conservación integral, persoal das concesionarias das Vías de Alta Capacidade e a colaboración cidadá. Mantense un permanente contacto entre o persoal encargado da conservación integral e das concesionarias das Vías de Alta Capacidade e o persoal da Administración, o que permite tomar coa suficiente antelación as decisións máis axeitadas para cada situación. Con previsión de xeadas ou temperaturas baixas aplicaranse tratamentos preventivos, como o esparexemento de fundentes, con dotacións baixas, nos treitos nos que se prevexa a aparición de placas de xeo e o control especial das zonas problemáticas, e repetición do tratamento se se detecta que, logo de fortes choivas, a calzada queda ‘lavada’ e perde o tratamento anterior.

 O protocolo que se activará a existencia de xeadas ou placas de xeo nalgunha estrada complementarase o tratamento anterior co esparexemento de fundentes (sal ou salmoira), esta vez con dotacións máis altas. Con previsión de nevadas aplicaranse os seguintes tratamentos preventivos co esparexemento de sal ou salmoira nos tramos nos que se prevexan a aparición de neve; o control especial destas zonas problemáticas, e repetición do tratamento se se detecta, debido á choiva, a perda do tratamento anterior; e preparación dos equipos con cuña quitaneves, por se fose necesaria a súa intervención.

 Cando se detecte a presenza de neve na calzada procederase ao paso da coitela quitaneves e á inmediata extensión de fundentes (sal ou salmoira). A partir de aí, realizarase un control intenso das estradas afectadas por si fose necesario realizar sucesivas aplicacións destas medidas. Como medida complementaria farase unha vixilancia especial do resto das estradas, sobre todo as que estean máis próximas a aquelas nas que apareceu a neve, para aplicar os tratamentos anteriores nos casos que se estime oportuno.

 Respecto ao tipo de fundentes que se soe usar en calquera das situacións anteriores, podemos dicir que o principal é o sal (para a presenta campaña cóntase con preto de 9.000 toneladas en Galicia), que se emprega cando as temperaturas son superiores a-5ºC. Nestas mesmas condicións tamén se usa, cando as estradas están secas, a salmoira (solución de sal e auga). Para temperaturas inferiores a-5ºCé máis recomendable empregar mesturas de sal con cloruro cálcico, ou directamente o cloruro cálcico.

 Información permanente

Dende a Consellería de Medio Ambiente anima aos usuarios a informase da situación das estradas se van a realizar algún desplazamento. Polo que, aos usuarios se lle trasladan as incidencias detectadas a través dos paneis de información variable, que permiten avisar ao usuario das inclemencias, para que circule con precaución, e poda elixir o percorrido máis idóneo; por teléfono, de Emerxencias de Galicia (112) e da Dirección Xeral de Tráfico (DGT 900 123 505); internet, navegando a través das páxinas web da DGT para coñecer a situación do tráfico (www.dgt.es) e das condicións meteorolóxicas no portal de MeteoGalicia (www.meteogalicia.es) e da Axencia estatal de meteoroloxía (www.inm.es).

 Grazas a este plan a Xunta terá un perfecto coñecemento dos problemas que podan xurdir en épocas de inclemencias meteorolóxicas, o que permitirá a toma de decisións máis axeitadas para cada situación a tempo, e conseguirá dar a solucións aos problemas e á eliminación de riscos nas estradas.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar