Berrogüetto puxo ao público de Copenhague en pé

 

O grupo galego puxo en pé ao público especializado que encheu a sala do Koncerthuset onde se desenvolveu a actuación, promovida por Sounds from Spain

A Agadic apoia a participación de Galicia na máis importante feira internacional de música de raíz, á que este ano se desprazaron un total de sete empresas

Berrogüetto protagonizou esta noite un dos éxitosdo programa de showcases de Womex (World Music Expo) en Copenhague, ondeofreceu un concerto que rematou cunha gran ovación por parte do público
especializado que encheu a sala. O grupo galego actuou como peche do carteldesenvolvido no Studio 2 do Koncerthuset pola plataforma de difusión Soundsfrom Spain, da que forma parte a Agadic (Axencia Galega das IndustriasCulturais) da Consellería de Cultura e Turismo.

Ante un auditorio integrado fundamentalmentepor axentes, distribuidores e prensa musical de diferentes países, os setemembros de Berrogüetto interpretaron unha escolma de 10 temas seleccionadosentre o seu repertorio máis coñecido, con especial fincapé no seu últimotraballo discográfico, Kosmogonías, do que soaron Nadir, Líridas de abril, Bailador,Igneominea, Planeta can e Danza de Meirol. A expectación xerada pola bandagalega tralo seu directo en Womex deixábase notar hoxe no recinto feiral, dexeito que ao espazo habilitado para a difusión da marca Galiciantunes dentro dostand de Sounds from Spain continuaban chegando numerosas felicitacións por unconcerto que rematou con todo o público en pé.

Berrogüetto, que acaba de celebrar o seudécimo quinto aniversario como unha das máis sólidas e coherentes formacións damúsica folk galega, compartiu cartel con outras dúas propostas procedentes desenllas comunidades autónomas seleccionadas por Sounds from Spain para esteevento: Diego Guerrero y El Solar de Artistas por Andalucía e Epheminity Ejazzcon Jota (Carmen París e Melissa Aldana) por Aragón. Embaixadora da celebracióndo Ano da Música de Galicia, a banda fixo gala do seu excelente momento creativo,despois de ter recibido o Premio de la Música 2011 á mellor canción en galego eantes de presentar en Galicia o libro-DVD-CD titulado Berrogüetto. O pulso daterra, realizado a xeito de biografía con música en directo.

Representación comercial

A Agadic colabora coas asociaciónsprofesionais Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) e AGEM(Asociación Galega de Empresas Musicais) no apoio á delegación artística e
comercial galega que se desprazou ata a capital dinamarquesa para participar nestafeira, a máis importante de todas as que se celebran no ámbito da música deraíz a nivel mundial. Así, Galicia conta tamén con representación de seteempresas, que están a desenvolver unha intensa actividade comercial na procurade consolidar e ampliar a proxección exterior dos grupos e artistas galegos:ademais de Berrogüetto Producións, Fisterra.biz, Fol Music, Mare, NalguresProducións, Nordesía e Xosé Manuel Budiño.

Por segundo ano consecutivo, o stand de Soundsfrom Spain contou cun espazo reservado á difusión da marca Galiciantunes, dendeo que se está a distribuír un cd dobre no que se recolle a produción musical
galega máis recente dividida por xéneros en pop-rock e jazz (cd1) e roots(cd2), ofrecendo neste último caso temas de Berrogüetto, Uxía, Ialma, XoséManuel Budiño, Loaira, Liorna, Riobó, Assembly Point, Vaamonde, Lamas &Romero, Leilía, Bellón Maceiras Quinteto, Marful, Fred Martins e Ugía Pedreira,
Projecto Trepia, ISGA Collective e Manu Clavijo.

Máis de 2.400 participantes

Copenhague acolle desde o mércores 26 e ata ovindeiro domingo día 30 a décimo sétima edición da World Music Expo, na queestán a participar máis de 2.400 axentes de 94 países. Produtores, distribuidores, axentes de managemet, artistas e demais profesionais vinculadosá música folk, de raíz ou tradicional danse cita nesta feira, que rexistra unhaintensa actividade arredor de 260 expositores, ademais de ofrecer un amploprograma de concertos, conferencias e proxeccións audiovisuais.

Con administración permanente en Alemaña,Womex mantén unha filosofía itinerante e supón unha cita ineludible para todosos axentes do sector. Galicia, en concreto a Cidade da Cultura en Santiago de
Compostela, opta a acoller a partir de 2014 este encontro, cuxa organización xaanunciou que nos dous próximos anos mudará a súa sede a Tesalónica (2012) eCardiff (2013), despois de se celebrar durante tres anos consecutivos nacapital dinamarquesa.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar