‘Unha Xustiza de Calidade’, no Congreso Nacional dos Maxistrados

A Asociación Profesional da Magistratura (APM) celebrará do 25 ao 28 deste mes de outubro en Santiago de Compostela o seu XIX Congreso Nacional baixo a lema ‘Unha Xustiza de Calidade’.

O Congreso desenvolverase desde este martes ao día 28 nos salóns do Hotel Porta do Camiño de Santiago e, segundo informou a organización, ao mesmo asistirán 184 compromisarios pertencentes á APM, ademais de autoridades relacionadas con Xustiza, e personalidades relevantes da Xunta de Galicia.

Os relatorios obxecto de estudo serán catro e centraranse en ‘O Xuíz e o novo modelo organizativo: Oficina Xudicial, Tribunais de Instancia, Informatización’; así como nos ‘Estatutos e participación na vida asociativa’; ‘Modelo retributivo de Xuíces e os seus riscos laborais’; e en ‘A credibilidade do Xuíz ante a sociedade actual’.

O acto oficial de inauguración celebrarase no Salón Nobre do Palacio de Fonseca ás 13.00 horas do mércores 26 de outubro, mentres que o acto de clausura terá lugar o venres ás 11.00 horas no Salón Obradoiro do Hotel Porta do Camiño.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar