Chegan as primeiras neves a Manzaneda e Pedrafita

A montaña luguesa e Cabeza de Manzaneda (Ourense) rexistraron as primeiras neves do outono, unha semana despois de ter temperaturas máximas de 30 graos na provincia ourensana.

Imagen de la web cam tomada oel25/10 a las 9:00 horas

Na zona de montaña de Pedrafita do Cebreiro e nos Ancares as temperaturas situáronse baixo cero, así como na cabeza de Manzaneda, o que fixo que as precipitacións caesen en forma de neve.

De feito, a cota de neve situábase por enriba dos 1.200 metros nas primeiras horas deste martes,

Así, esta situación «tenderá a desaparecer», segundo MeteoGalicia xa que se achega unha nova borrasca, o que fará que os ventos sopren de compoñente Sur e as temperaturas nocturnas «tendan a subir».

As mesmas fontes meteorolóxicas consultadas explicaron que a situación dos últimos días «é a normal» en outono e o «anormal» eran as elevadas temperaturas de semanas pasadas.

Imagen cámara web situada en el albergue de peregrinos de O Cebreiro a las 10:20 h. de hoy

Pola súa banda, os restos do primeiro temporal que afectou a Galicia este outono provocou na mañá deste martes a caída dalgunhas árbores en estradas de Ribadavia (Ourense) e San Sadurniño (A Coruña).

Ademais, o 112 recibiu ás 8.35 horas o aviso de sumidoiros levantadas na rúa Arquitecto Pérez Vellas de Vigo e a presenza dunha pedra na calzada no quilómetro 551 da estrada N-120 en Nogueira de Ramuín.

Tamén ás 6.04 horas foron requiridos medios de mantemento pola presenza dunha balsa de auga no quilómetro 0,800 da estrada PO-531 en Pontevedra.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar