O cambadés tiroteado, en grave estado

O veciño de Cambados A.CHA.A, de 42 anos, que resultou ferido de carácter grave por varios disparos de arma de fogo permanece hospitalizado en estado grave, mentres a Guardia Civil prosegue a investigación sobre os feitos.

O  ferido permanece ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e o seu estado é «grave».

Pola súa banda, as forzas de seguridade, «seguen investigando» para esclarecer o sucedido e  «se baralla moitas hipóteses» e, polo momento, «non se descarta nada». A pesar da discreción policial, entre os veciños coméntanse os antecedentes policias do ferido por delitos de narcotráfico, co que toma forma a tesis dun «axuste de contas»

O incidente tivo lugar na parroquia cambadesa de Oubiña, onde a vítima, Adolfo CH.A., foi atopado con tres feridas de arma de fogo no seu corpo. Inicialmente foi evacuado ao Hospital do Salnés, en Vilagarcía, pero, pasado o mediodía do luns, unha ambulancia medicalizada trasladouno ao Complexo Complexo Hospitalario Universitario de Santiago para ser operado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar