O temporal causa danos pero non feridos

Rescatan en Vigo a unha persoa atrapada nun coche afectado por unha 70-462 inundación na zona de Balaídos

O 112-Galicia atendeu un total de 123 incidencias debidas ao primeiro temporal de vento e choiva do outono na Comunidade galega entre as 19.00 horas do domingo e as 7.30 horas deste luns.

Segundo os datos achegados polo 112 a Europa Press, 68 delas rexistráronse na EX300 provincia de Pontevedra; 34 na Coruña; 13 en Ourense e oito en Lugo.

En concreto, as intensas choivas e ventos causaron a caída de obstáculos na rede viaria dos municipios coruñeses de Boqueixón, Neda, Betanzos, Ordes, Ames, Muros, Porto do Son, A Laracha, Negreira, Trazo, A Coruña, Ribeira, Boiro, Fisterra, Oleiros, Bergondo, Culleredo e Santiago.

Tamén se viu afectada a rede viaria dos municipios pontevedreses de Meaño, Valga, Nigrán, O Porriño, Vilaboa, Cotobade, Redondela, Moaña, Vigo, Ponteareas, Tomiño, Gondomar, Tui, Salvaterra, Mos, Salceda, Vilagarcía, As Neves, Cambados, Cangas, Lalín, A Guarda, Pontevedra e Arbo.

Así mesmo, víronse afectados os concellos lucenses de Quiroga, Abadín, A Fonsagrada, Begonte, Taboada e Barreiros; e os ourensáns de Montederramo, O Carballiño, Manzaneda, Ribadavia, Amoeiro e Ourense.

INUNDACIÓNS

As choivas provocaron, ademais, inundacións en vivendas, segundo os datos do 112, nas localidades coruñesas de Cedeira, Brión e A Pobra; nas luguesas do Valadouro e Lugo; e nas ourensás do Carballiño e Ourense.

E na provincia de Pontevedra, a máis afectada as inundacións, rexistráronse incidencias en Vigo, Redondela, O Porriño, Tomiño, Tui, Ponteareas, Salceda e Forcarei.

RESCATE EN VIGO

No caso concreto de Vigo, os bombeiros realizaron un total de 18 intervencións o domingo –algunhas delas que non teñen relación co temporal–, das cales cinco foron por inundacións lugares como terrazas, baixos ou garaxes.

Tamén se mobilizaron para rescatar a unha persoa que se quedou atrapada nun coche afectado por inundación na rúa Olímpicos, na zona de Balaídos. Así mesmo, interviñeron a consecuencia de toldos soltos e árbores caídas en diversas partes do municipio.

Pola noite a situación foi de maior calma, segundo indicaron. De feito, das intervencións relacionadas co temporal, a quenda que entrou ás 22.00 horas só acudiu a un garaxe alagado na rúa Urzáiz e desprazouse a limpar barro na estrada da Balsa, na parroquia de Matamá.

INCIDENCIAS ELÉCTRICAS

O 112-Galicia rexistrou, así mesmo, incidencias relacionadas co tendido eléctrico nas localidades coruñesas de Arteixo, Betanzos, A Coruña, Ferrol e Santiago; así como nas ourensás de Xinzo, Lobios e Viana do Bolo; e na pontevedresa de Caldas de Reis.

En concreto, o 112 resaltou como incidencia «destacada» a rexistrada no municipio pontevedrés de Tomiño, que requiriu a intervención por inundacións da Unidade de Apoio Loxístico.

Pola súa banda, a Consellería de Educación confirmou que non lle constan incidencias nos colexios derivadas do temporal.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar