O ‘Dia Emprendedor’ reune a empresarios de Ourense

Empresarios da provincia ourensá comparten as súas experiencias e habilidades no Día Emprendedor que se desenvolve por primeira vez en Expourense – Fundación de Feiras e Exposición de Ourense, éste xoves 20 de outubro, organizado pola Consellería de Economía e Industria.

Así o explicou o departamento que dirixe Javier Guerra que detallou que o principal obxectivo desta iniciativa, que se celebra no marco do Plan Impulsa, é divulgar experiencias relevantes na provincia e pór en relación a emprendedores e entidades que apoian ou financian o emprendimiento.

En canto aos contidos, haberá varias mesas nas que falarán distintos empresarios, como ‘Emprendendo desde Ourense’, na que estarán Luisa Pena, Directora de Tecnópole e Victoria Rois, Secretaria Xeral da Cámara de Ourense, que analizarán os apoios existentes en Ourense a disposición dos emprendedores, pero tamén a súa experiencia e as súas necesidades.

 Ademais, nesta xornada presentarase oficialmente a nova aplicación XATEMPREGO.

O Día do Emprendedor de Galicia, que se desenvolverá tamén en Santiago o 25 de outubro, poderá seguirse a través de redes sociais como Facebook, Linkedin ou Twitter.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar