Xornadas do OUFF: “queiras ou non o teu contido vai estar en Internet”

O avogado experto en propiedade intelectual David Bravo, participou éste martes nas xornadas do OUFF

O Centro Cultural da Diputación acolleu os primeiros encontros profesionais que figuran dentro do programa do Festival de Cine Internacional de Ourense

A xornada abriuse coa conferencia do avogado David Bravo sobre a propiedade intelectual e os Creative Commons.

O avogado sevillano indicou que España segue a ser e dende hai varios anos un dos países cun número máis alto de licencias Creative Commons. A tendencia de optar por esta licencia, segundo indicou David Bravo, extendeuse grazas ó éxito de Cosmonauta, un exempo de cine baseado no crowfunding. «Os propios cidadáns convértense nos produtores da película, daslle merchandising, aparecen nos créditos e ti consegues a financiación», explicou Bravo.

Parafraseando a Bruno Teixidor, un dos partícipes e Cosmonauta, David Bravo recordou que «queiras ou non o teu contido vai estar en Internet». O que cómpre plantexarse ante esta situación, segundo Bravo é «que facer para vernos remunerados con esta realidade que nos tocou vivir e xa é imparable».

Neste senso, Bravo puxo o exemplo de Spotify, un modelo freeming que consegue combinar o servizo gratuíto e de pago tendo en conta a posibilidade de crear unha rede de descargas e verse remunerado coa publicidade.

David Bravo dedicou parte da súa charla ó complexo entramado das entidades de xestión e os seus procedementos. Nesta liña, aclarou que non é nada doado crear unha entidade de xestión xa que «se necesita dun permiso do Ministerio de Cultura e demostrar que dispós dunha organización e infraestruturas potentes (delegacións, técnicos…) que poidan controlar as obras intelectuais en todo o territorio».

O segundo encontro profesional correu a cargo da produtora de contidos dixitais, María Yáñez, quen a través dunha charla moi didáctica explicou o desenvolvemento e influencia da revolución dixital sobre a distribución de contidos.

Yáñez achegou unha mostra retrospectiva da experimentación visual que camiña dende o boom das home movies nos 60-70, pasando polas vangardas de videocreación a partir dos 80 para desembocar en tódalas posibilidades que hoxe en día ofrece Internet. Nesta liña, Yáñez indicou que o valor da rede reside no «desenvolvemento de experiencias coas que non poidan competir os medios tradicionais».

Neste repaso, María Yáñez quixo prestar especial atención a unha das primeiras obras hipermedia que xurdía nos 90 (Aspen Movie Map) xa que constitúe un referente absoluto cando se fala de documental interactivo e con el comeza a exploración con xeolocalización.

A produtora afondou na dinámica dos transmedia para entender a converxencia dos medios de comunicación e diferentes soportes. Yáñez quixo diferenciar entre o crossmedia co que «levas un produto a varias plataformas» e o transmedia co que «levas a varias plataformas distintas partes dun todo».

Neste senso, a produtora explicou as claves da «Cultura do remix» (remesturar imaxes, sons e recursos para darlles un novo significado) que consegue o seu máximo apoxeo coa aparición da web 2.0, grazas a plataformas coma youtube, myspace, fotolog ou blogger, nas que calquera pode subir contidos á rede.

«Esta nova cultura de participación fai posible que todos fagan industrias culturais», apuntou María Yáñez, quen pensa que esta é «a maxia de Internet».

Estes encontros profesionais do 16 OUFF finalizarán este mércores coas conferencias do director editorial Jaume Ripoll Vaquer («A comercialización de contidos na rede», 10:30 horas) e o director e guionista de «Malviviendo», David Sainz , e a directora de produción da devandita webserie, Teresa Segura («A difusión: a webserie», 12:20 horas).

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar