‘Último Cowboy’ de Teatro do Noroeste, abre a ‘Mostra de Artes Escénicas de Galicia’

Ademais dos profesionais acreditados, tamén poderá acceder de maneira gratuíta, o público xeral

Un total de 25 espectáculos exhibiranse ata o xoves para visualizar a actual oferta de produción galega

A ‘Mostra de Artes Escénicas de Galicia’ arrinca este luns ás 18.30 coa posta en escena do ‘Último Cowboy’, da compañía Teatro do Noroeste –no Teatro Principal–. Este será o primeiro dos 25 espectáculos que se exhibirán ata o xoves día 20 en Santiago co «principal obxectivo» de visualizar a actual oferta de produción galega en teatro, danza, maxia e novo circo.

A mostra acollerá un total de 11 espectáculos completos e 14 'showcases'

Desta maneira, durante catro xornadas o Salón Teatro, o Teatro Principal e a sede da SGAE acollerán un total de 11 espectáculos completos e 14 ‘showcases’ nos que as compañías exporán os seus traballos nun tempo de 20 minutos.

A estas propostas, a Axencia Galega dás Industrias Culturais (Agadic) –organizadora do evento– prevé que asistan «medio centenar de programadores e axentes culturais» procedentes de distintos municipios, entidades e festivais galegos. Ademais, destes profesionais acreditados, tamén poderá acceder, de maneira gratuíta, o público xeral que recolla as súas entradas unha hora antes de cada función. 

PASES ÍNTEGROS

Das 25 montaxes, 11 representaranse no seu formato completo. Sete delas corresponden a teatro adulto, como ‘Citizen’ de Chévere; ‘Unha hora na vida de Stefan Zweig’, de Teatro do Atlántico; ‘Pelos na lingua’, de Talía Teatro; ‘E.R. (Algún día traballaremos xuntas)’, de Teatro do Atlántico; ‘Último cowboy’, de Teatro do Noroeste; e ‘Tango’ de Sarabela Teatro.

Ademais, tamén se porán en escena catro obras de teatro infantil que serán ‘Valados’, de Artestudio Teatro; ‘Pío’, de Caramuxo Teatro; ‘Nana para un soldado’, de Ghazafelhos; e ‘Malas palabras’, do grupo Katarsis, Educación e Teatro.

Na categoría de ‘showcases’ inclúense 14 espectáculos, catro de teatro adulto, tres de teatro infantil, tres de danza, outro tres de novo circo e, finalmente una de maxia. 

COMEDIA ACEDA

Segundo explicou a Xunta, a nova proposta de Teatro do Noroeste, escrita e dirixida por Eduardo Alonso e con Miguel Pernas e Luma Gómez no elenco, é un espectáculo en clave de comedia aceda sobre a realidade «máis complexa e inmediata».

Así, a partir da escenificación dun texto de personaxes, no que os actores cobran todo o protagonismo e coa crise como pano de fondo, en ‘Último Cowboy’ trátanse temas próximos como as relacións familiares ou máis globais como as diferenzas entre a vella Europa e a Europa do Leste.

A función inaugural da Mostra exhibiranse en formato completo e, tras a súa representación, dará paso no Salón Teatro, a partir das 22.00 horas, a primeira das dúas series de ‘showcases’ programados coa sucesión de sete países dun máximo de 20 minutos correspondentes a outros tantos espectáculos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar