A ‘Taxa Robin Hood’ na Coruña

Un total de 22 cidades españolas, entre as que se atopa A Coruña, acollen este fin de semana actos na rúa para pedir á vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Economía, Elena Salgado o apoio decidido e urxente á ‘Taxa Robin Hood’, segundo informa Intermón Oxfam

   A ‘Taxa Robin Hood’ é un proxecto impulsado por organizacións de varios países para impor unha taxa as Transaccións Financeiras cuxa recadación estea destinada a financiar políticas sociais e a combater as consecuencias do cambio climático.

   Os actos para a súa reivindicación celebraranse en: Madrid, Toledo, Conca, Xetafe, Salamanca, Pamplona, Logroño, Bilbao, Elxe, Alacante, A Coruña, Sevilla, Vilanova, Valencia, Cidade Real, Córdoba, Granada, Xerez, Palma de Mallorca, Castelló, Huelva e Zaragoza.  

   Estes actos están integrados dentro do marco das protestas do terceiro día de Acción Global pola ‘Taxa Robin Hood’ que leva a cabo en varias cidades do mundo e que coinciden coa reunión de ministros de economía do G20, que se celebra en París entre o 14 e 15 deste mes. 

   A Alianza ‘Taxa Robin Hood’ está integrada en España por Axuda en Acción, InspirAction, Intermón Oxfam, Plan Internacional, Acción pola Saúde Global e Save the Children e forma parte dun movemento internacional composto por máis de 200 organizacións de 25 países que piden a aplicación dunha taxa ás transaccións financeiras internacionais do 0,05 por cento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar