Vigo: 55 cruceiros en catro meses

Entre os meses de xuño e setembro atracaron en Vigo un total de 55 cruceiros, os cales deixaron na cidade a 117.690 turistas, segundo informa a Autoridade Portuaria, que explica que estas cifras supoñen un aumento de case o 10 por cento en buques e do 17,2 por cento en pasaxeiros.

   As mesmas fontes indican que estes datos non teñen en conta o número de tripulantes destas naves, os cales superaron os 45.000 entre o 1 de xuño e o 1 de setembro.

   Así, o Porto de Vigo destaca que se converteu en \»principal entrada de turistas na cidade\».

   En canto ao perfil do visitante que leva a Vigo por mar, desde o mes de xaneiro e ata o pasado 11 de outubro, destácase que das 211.481 persoas que chegaron o 95,76 por cento son estranxeiros. Deles, o 70 por cento son británicos, seguidos de estadounidenses, alemáns e italianos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar