A Xunta Electora expedienta a Abel Caballero por inagurar en tempo electoral

 

   A Xunta Electoral de Zona  de Vigo resolveu incoar un procedemento sancionador contra Abel Caballero polo acto realizado o pasado 5 de outubro, cando o alcalde e varios concelleiros realizaron unha visita ás rúas Pino e Asturias, alegando que era un «paseo» e non unha inauguración –algo prohibido pola lei electoral–.

   Segundo a resolución da JEZ, tras a denuncia presentada por estes feitos por parte do PP e «á vista das alegacións» formuladas polo alcalde, dedúcese a «posible comisión de infracción electoral», polo que se incoa este procedemento que podería carrexar a imposición dunha multa de entre 300 e 3.000 euros ao rexedor. A partir da notificación, Caballero ten 15 días de prazo para presentar alegacións, así como para «propoñer proba».

   O PP, que presentou a denuncia ante a Xunta Electoral, recordou a súa advertencia de que a visita do alcalde incumpría a lei electoral e que se «disfrazaba de paseo» o que en realidade era unha inauguración –as rúas foron reformadas recentemente polo goberno municipal–.

   O voceiro popular, José Manuel Figueroa, cualificou de «déspota» a actitude do alcalde de Vigo, a quen acusa de preferir «ignorar a norma» por «interese electoralista». «Abel Caballero, no seu ánimo constante de contribuír ao incremento do seu ego persoal, prefire arriscarse a este tipo de sancións, que cumprir a legalidade», sentenciou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar