Preocupa a repercusión que poida ter a nova PAC

   O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, afirmou que as consecuencias da reforma da Política Agraria Común (PAC) para Galicia «dependerán» de como se definan, durante os próximos meses, as propostas que este mércores fixo públicas o comisario europeo de Agricultura, Dacian Ciolos, polo que rexeitou emitir un xuízo definitivo sobre a súa conveniencia para a Comunidade Autónoma.

   Así, Juárez incidiu sobre todo no apartado de pagos directos, cuxa «redistribución e homogeneización» en función das hectáreas cultivadas considera un «incentivo» a instrumentos promovidos pola consellería, como o Banco de Terras ou a Lei de Concentración Parcelaria, aínda que matizou que son necesarias \»medidas compensatorias\» para previr «distorsiones entre grupos de agricultores ou gandeiros».

   Dentro dos pagos directos, tamén incidiu no 30 por cento que se previu destinar a aqueles produtores que presten un «servizo adicional» ao medio ambiente, algo que ve positivo sempre que este «reverdecimiento» da PAC non signifique «unha perda de competitividade dos agricultores», que xa respectan as esixencias que a política comunitaria estipula para outorgar as axudas.

MINISTRA AGUILAR

   Pola sua banda, a  ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño , Rosa Aguilar, cualificou de «decepcionante» a proposta lexislativa sobre a reforma da PAC no horizonte de 2020 presentada esta mañá polo Comisario Europeo de Agricultura, Dacian Ciolos.

   Para Aguilar, a reforma exposta é merecedora de «case unha emenda á totalidade» xa que «non dá resposta aos desafíos en que estes momentos ten a agricultura europea».

   En rolda de prensa, a ministra marcou as «liñas vermellas» do Goberno de España nesta reforma, sobre as que manterá unha «firme» posición fronte á Unión Europea (UE). Neste punto, fixo referencia ao modelo de pagos directos, o ‘greening’, a converxencia entre os Estados membros e a redistribución das axudas dentro de cada un deles, as medidas de competitividade e de mercado e o desenvolvemento rural.

  REFORMA DE BRUXELAS

Hoasta antes, a Comisión Europea presentara a súa proposta para reformar a Política Agraria Común (PAC) a partir de 2014, co obxectivo de asegurar unha repartición máis xusta e equilibrada do gasto agrícola europeo e apoiar os esforzos ambientais con fondos adicionais para os agricultores máis ‘verdes’. Os gobernos nacionais, eurocámara e Comisión comezarán este mes a negociar a reforma co obxectivo de aprobala a finais de 2013.

   Entre as principais novidades, Bruxelas aposta por definir claramente quen é un «agricultor activo» e quen non, para evitar que reciban axudas os que non teñen no sector unha actividade principal. Os produtores que reciban como máximo 5.000 euros ao ano en axudas directas quedarán exentos.

   Tamén plantea poñer fin aos criterios históricos cos que se calculan as axudas directas dos agricultores e que en principio favorecen os antigos Estados membros, como España e Francia. Os países de máis recente incorporación á Unión Europea xa contan cun pagamento único por hectárea igual para todo produtor.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar