Feijóo, na Festa Nacional

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tomou parte en representación de Galicia no  acto de  homenaxe á bandeira nacional e ao desfile ilitar que se celebrou con motivo do Día da Festa Nacional de España. Na fotografía aparece intercambiando saudos co Príncipe Felipe pouco antes dos actos.

 

 Ó tempo. , en Galicia, o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, participou –xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo–, na festividade da Virxe do Pilar no acuartelamento da Garda Civil na Coruña.Durante o acto, Rueda aproveitou a ocasión para manifestar o apoio do Goberno galego \»e da inmensa maioría dos galegos\» co labor diario que realizan miles de axentes da Garda Civil en Galicia. Nesta liña, recoñeceu o traballo conxunto coa Policía Autonómica, sobre todo, na investigación e detención de incendiarios e na loita contra o furtivismo.

 

 Estas dúas materias, incidiu o conselleiro, «non son máis que unha mostra do enorme traballo que fan día a día eses miles de axentes». Así, cada ano «segue crecendo o recoñecemento que a institución da Garda Civil, os seus axentes, os homes e mulleres que a compoñen, teñen en Galicia\», salientou.

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar