So 5 mil galegos utilizan a bicicleta como medio de transporte

  

A penas cinco mi galegos utilizan a bicicleta como medio de desprazamento habituial. O dato proceda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, que conta cun estudio sobre movilidades que conclue que uso dedte medio “é prácticamente inexistente”.

Ciclista por unha estrada rural de Galicia

 Esa é a razón pola que porá en marcha o próximo ano o Plan Director de Mobilidade Alternativa co que prevé multiplicar por 10 o número de desprazamentos habituais en vehículos non motorizados.

   O departamento que dirixe Agustín Hernández explicou que a bicicleta é un medio de transporte que nestes momentos «é case inexistente» no que se refire á «mobilidade habitual» dos galegos, xa que o número de desprazamentos diarios por este motivo «a penas chega aos 5.000».

   Para cambiar esta tendencia, a Consellería porá en marcha o próximo ano este plan que pretende multiplicar por dez o uso habitual da bicicleta para que a comunidade galega consiga cotas de uso similares ás que se rexistran noutras áreas españolas nas que a implantación deste sistema de transporte está máis avanzada, como en Barcelona ou as Islas Baleares.

   Segundo explicou a Xunta, as análises realizadas revelan que as pautas de mobilidade en Galicia en bicicleta manteñen claramente un maior carácter lúdico ou deportivo que como modo de transporte alternativo, con solo un 30 por cento das viaxes cotiás a lugares como o traballo ou a universidade.

   Na actualidade hai inventariados un total de 32 municipios cunha oferta de 144 bases para bicicletas e case 1.300 prazas. Ademais, en 21 concellos existe o sistema de empréstito, con 81 bases e 1.238 bicicletas públicas a disposición dos cidadáns.

   Así mesmo, o inventario de vías ciclistas realizado no marco do Plan Director de Galicia revela unha «escasa presenza» de infraestruturas para bicicleta, inferior aos 250 quilómetros.

   Unha vez realizado o diagnóstico, a Xunta traballa na segunda fase do Plan director de Mobilidade Alternativa, no que se abordará unha proposta preliminar con criterios xerais e unha definición da rede básica de vías ciclistas. Nesta fase como avanzou os usuarios terán un papel destacado, xa que se someterá á súa consulta.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar