O Concello da Coruña conxela os impostos

O Concello da Coruña aprobou a conxelación de impostos para o exercicio do ano 2012, ademais do pago de 125 euros. Así se decidiu na celebración do pleno deste luns, no que se levou a cabo a aprobación inicial dos expedientes de modificación das Ordenanzas Fiscais e o correspondente ás Ordenanzas de Prezos Públicos. As aprobacións contaron  co único voto a favor do grupo municipal do PP, coa abstención do PSOE e os votos en contra  de BNG e EU- Os Verdes.

   Entre as medidas aprobadas en materia fiscal, a partir do día 1 de xaneiro «os cidadáns poderanse acoller á división do prazo no pago do IVI», o que lles permitirá aforrar un 2 por cento do importe total, anunciou o concelleiro de Economía, Roberto Coira, quen detallou que non se subirán os impostos de bens inmobles, vaos, plusvalía ou taxas de cemiterio.

   Neste sentido, o concelleiro do grupo municipal socialista, Jesús Fernández, subliñou que estas ordenanzas fiscais deben ir «máis aló» e non quedar «unicamente» na conxelación de impostos. «Hai que tomar medidas para as pemes, os desempregados e o pequeno comercio», apuntou.

   Pola súa banda, desde o BNG, o seu portavoz municipal, Xosé Manuel Carril, criticou que coa conxelación «demóstrase que todos os cidadáns teñen a mesma situación económica» e «non é así», matizou. Mentres, o portavoz de EU- Os Verdes, César Santiso, avogou por unhas  ordenanzas fiscais «máis sociais e xustas», sen desequilibrar as arcas municipais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar