O buque ‘National Geographic’ nas Cíes

O buque ‘National Geographic’ –no que viaxan 150 persoas interesadas no turismo respectuoso co medio ambiente– visita hoxe as Illas Cíes (Pontevedra) co fin de coñecer o seu patrimonio natural.

Esta non é a primeira vez que o buque viaxa ata as Cíes, xa que en 2009 fondeara nas súas inmediacións con 140 pasaxeiros a bordo provenientes de Dinamarca. Nesta ocasión, tras visitar A Coruña, o buque chega ata a Ría de Vigo.

   Esta embarcación, pertencente á filial de Lindblad Expeditions, está especializada en turismo ecolóxico e anualmente desenvolve unha importante actividade turística.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar